Convocatorias para setembro
Manoel Santos   
Domingo, 21 de Setembro do 2008

V FORO SOCIAL EUROPEO EN terras nórdicas

 Do 17 ao 21 de setembro en Malmö (Suecia). O FSE é un lugar de encontro para os movementos sociais europeos, no que este ano se espera que participen máis de 20.000 persoas. É un escenario único para o intercambio de experiencias, debates, a creación de redes e a planificación de iniciativas comúns e organización de campañas. Durante cinco días os seminarios e talleres mesturaranse coa cultura, a música, o activismo e as manifestacións.

+ INFO: www.esf2008.org


IV CONGRESO INTERNACIONAL DE EDUCACIÓN AMBIENTAL

 Entre os días 10 e 12 de setembro na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade Complutense de Madrid. O lema do congreso é: ‘A auga e a educación ambiental na década do desenvolvemento sustentábel’.

+ INFO: www.ae-ea.org

 


MONTPELLIER, CAPITAL mundial da auga

 Do 1 ao 4 de setembro en Montpellier (Francia). Baixo o lema ‘Cambios globais e recursos hidrolóxicos: enfrontando as grandes e diferentes presións’. Participación de expertos, exposicións e comunicacións científicas sobre os recursos de auga no noso planeta.

+INFO: wwc2008.msem.univ-montp2.fr

 


BOLIVIA: IX FESTIVAL DE CINE DE POBOS INDÍXENAS

 Do 11 ao 20 de setembro en Bolivia. Festival itinerante en diversas comunidades quince días previos ao evento en Santa Cruz de la Sierra, do 11 ao 13 e na Paz, do 14 ao 20. Desenvólvese tamén foros sobre os pobos indíxenas no mundo.

+ INFO: www.clacpi.org


CONFERENCIA DE PAZ EN ORIENTE PRÓXIMO

III Conferencia europea de autoridades locais pola paz en Oriente Próximo. Do 25 ao 28 de setembro no Palacio Ducal de Venecia (Italia). Realízase no marco do Ano Europeo do Diálogo Intercultural e do 60° aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos e proponse definir un plan de acción concreto para os dous próximos anos.

+ INFO: www.paxurbs.com/Anglais/indexen2.htm


COORDINACIÓN CONTRA A DIRECTIVA DAS 65 HORAS

 Co fin de acordar un plan de acción unitario no Estado español, autoconvocatoria de movementos sociais o 9 de setembro ás 19:00 horas na Casa da Soli (C/ Vistalegre nº 5, metro St. Antoni, Barcelona). Máis asembleas noutros puntos do Estado.

+ INFO: www.kaosenlared.net/especial/noalas65horas | Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver

 


MÁIS ACTIVISMO MUNDIAL NO MES DE SETEMBRO

Días 1 a 4: Protestas pola Convención Nacional Republicana nos Estados Unidos (St. Paul/Minneapolis, Minnesota). + INFO: www.nornc.org

Día 7: Grito dos Excluídos (Brasil). Gran mobilización. + INFO: www.gritodosexcluidos.com.br

Días 22 a 24: Xuntanza do Consello Internacional do FSM (Copenhaguen, Dinamarca). + INFO: www.forumsocialmundial.org.br

Días 26/09 a 1/10: Foro Interamericano de Mulleres contra a Corrupción (Bos Aires, Arxentina). + INFO: www.mujeresenigualdad.org.ar


XORNADA FOTOGRÁFICA TESTING NO COUREL

Do 5 ao 7 de setembro, organizada por Verdegaia, S.O.S. Courel e Insectarium Virtual. Consiste en agrupar un grande número de persoas e tomar fotos da flora e a fauna invertebrada. Un grupo formado por máis de 100 expertos vai categorizar a información e clasificala e catalogala.

+ INFO: www.verdegaia.org | Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver

Manoel Santos
Sobre o autor ou autora:

Biólogo, director e fundador de Altermundo

Ler máis >>
 
< Ant.   Seg. >