Axenda de convocatorias para agosto publicadas no número 15 do Suplemento Horizontal Altermundo.
POLO DEREITO BÁSICO Á NOSA ALIMENTANCIÓN O Sindicato Labrego Galego iniciou unha campaña contra a especulación económica cos alimentos, que ocasiona a ruína do campesiñado e crea dificultades de acceso a unha alimentación axeitada. Haberá unha xuntanza con diferentes colectivos a finais de xullo para afondar na loita por un modelo económico e social máis xusto.
+ INFO: www.sindicatolabrego.com
ACAMPADA CONTRA O TREN DE ALTA VELOCIDADE A Asemblea contra o Tren de Alta Velocidade de Euskadi invita a participar na XIII Acampada contra o TAV en Zaldibia (Gipúscoa) a partir do 24 de xullo e con actividades programadas cando menos até o 3 de agosto. Contará cun funcionamento asembleario e autoorganizado para dinamizar un programa que incluirá marchas ás zonas afectadas polo TAV, accións de protesta, charlas, debates, festa…
+INFO: 695715510 |
Este enderezo de correo-e est protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
| www.sindominio.net/ahtez
A UNRWA e os refuxiados de Palestina, 60 anos
Exposición organizada polo Igadi sobre a situación dos refuxiados en Gaza, Cisxordania, Líbano, Siria e Xordania. Até o 31 de xullo no C.C. Ramallosa s. XXI (Nigrán). +INFO: Roberto Mansilla (986 357 238).
ACAMPANDO COA ESQUERDA EN PORTUGALDo 1 ao 3 de agosto na illa de Tavira (Portugal). Acampada e debates sobre Os movementos políticos e a música; Sindicalismo combativo; Cara onde foi a esquerda radical logo do 68, As orixes da corrente Socialismo Internacional orígenes de la corriente Socialismo Internacional. + INFO: 619 894 612 (Miguel) ou
Este enderezo de correo-e est protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
TURISMO RESPONSÁBEL: ECUADOROrganizado por Acsud Las Segovias. Do 10 ao 28 de agosto. Encontro, convivencia e intercambio con comunidades Quichuas e Montubias e propostas das organizacións sociais e indíxenas. + INFO: www.acsud.org | www.turismoresponsable.net
AXUDAS PARA cooperación e desenvolvementoFinanciamento de proxectos ou actividades en materia de cooperación ao desenvolvemento, da AECI (Ministerio de Asuntos Exteriores e Cooperación). Para organizacións e persoas xurídicas. O prazo remata o 8 de setembro. + INFO: BOE de 6 de marzo de 2008.
SUSTENTABILIDADE internacional en colombiaIII Congreso internacional polo desenvolvemento sustentábel e o ambiente. Do 27 ao 29 de agosto na Univ. de Manizales (Caldas), Colombia. + INFO: www.umanizales.edu.co |
Este enderezo de correo-e est protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
XIX Conferencia Mundial de Traballo SocialDo 16 ao 19 de Agosto de 2008 en Salvador Bahía (Brasil). Baixo o tema: O Desafío de Concretar Dereitos nunha Sociedade Globalizada e Desigual, debates sobre as formulacións máis avanzadas do pensamento social crítico no traballo social mundial. + INFO: www.socialwork2008.com
XVII Conferencia mundial sobre A Sida Do 3 ao 8 de agosto en Cidade de México. AIDS 2008 pretende ser unha conferencia que promova a excelencia científica e a investigación, que alente as accións individuais, colectivas e o diálogo e que fomente a responsabilidade. + INFO: www.aids2008.org
|