Cinco cuestións sobre o Foro Social Galego
Altermundo   
Martes, 16 de Setembro do 2008

 FSGal-. Fai a túa adhesión, propón actividades. O 30 de setembro remata o prazo para propor actividades!!!


PARTICIPA NO PRIMEIRO FORO SOCIAL GALEGO

 Santiago de Compostela, 5 a 7 de decembro de 2008
 http://www.forosocialgalego.org 

1-. Por primeira vez en Galiza terá lugar un Foro Social Galego (FSGal), enmarcado no proceso do Foro Social Mundial e cumprindo a súa Carta de Principios. O FSGal non é unha organización, nin un colectivo, nin unha rede, nin pretende representar á sociedade civil... É un espazo de converxencia entre movementos sociais, de intercambio de ideas e de artellamento de accións, de procura de alternativas á orde neoliberal imperante no planeta.

CONVOCATORIA DO FSGAL: http://forosocialgalego.org/index.php?option=com_content&task=view&id=12&Itemid=40
CARTA DE PRINCIPIOS: http://forosocialgalego.org/index.php?option=com_content&task=view&id=14&Itemid=31
QUE É O FSGAL: http://forosocialgalego.org/index.php?option=com_content&task=view&id=1&Itemid=32

2-. O FSGal desenvolverase de xeito horizontal, coa adhesión e compromiso dos diferentes movementos sociais galegos e con actividades propostas e autoxestionadas por estes. Non ten, xa que logo, unha dirección, tan só un Consello dinamizador encargado de coordinar todas as propostas para elaborar un programa e de procurar e facilitar os espazos necesarios para o desenvolvemento do Foro. O dito Consello, formouse por mandato dunha Asemblea de Movementos Sociais celebrada o pasado 26 de xaneiro en Compostela.

MÁIS SOBRE COMO PARTICIPAR: http://forosocialgalego.org/index.php?option=com_content&task=view&id=16&Itemid=35

3-. Para participar no FSGal cada colectivo ou persoa individual debe primeiro facer a súa adhesión. Os cartos destas adhesión certifican o compromiso co proceso do FSGal e sobre todo garanten a independencia do mesmo, que non solicitará subvencións nin acepta patrocinio de empresas. As adhesións poden facerse até o 15 de novembro (a non ser que se queiran propor actividades, ver seguinte punto) e será de 100 euros por colectivo ou de 10 euros por persoa a titulo individual.

PARA FACER AS ADHESIÓNS: http://forosocialgalego.org/index.php?option=com_facileforms&Itemid=33

4-. Para propor actividades e metelas no programa do FSGal existe un mecanismo na páxina web do foro. Antes de propor unha actividade os colectivos deben facer a adhesión ao FSGal. Para garantir o desenvolvemento e publicidade da actividade (locais, programa, etc.) existe unha cota de 100 por cada actividade que se comparte entre varios colectivos, pois priorizaranse actividades conxuntas entre colectivos ou organizacións para evitar a repetición de temas. O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE ACTIVIDADES REMATA O 30 DE SETEMBRO!!!

PARA INSCRIBIR ACTIVIDADES: http://forosocialgalego.org/index.php?option=com_facileforms&Itemid=34

 5-. Persoas ou colectivos dispost@s a colaborar na organización do FSGal poden presentarse como voluntarias.

PARA FACERSE VOLUNTARI@: http://forosocialgalego.org/index.php?option=com_facileforms&Itemid=45

 


Altermundo
Sobre o autor ou autora:
Artigo inserido ou creado por Altermundo.org
Ler máis >>
 
< Ant.   Seg. >