| Axuda para Cuba e Haití |
| New York Times | |
| Martes, 16 de Setembro do 2008 | |
|
A cadea devastadora de furacáns e tormentas tropicais que azoutou ao Caribe desde o mes pasado; Fay, Gustav, Hanna e Ike; deixou centos de mortos e decenas de miles de persoas feridas e desprazadas en Haití. As colleitas do país parruináronse. En Cuba, Gustav e Ike destruíron ou danaron centos de miles de fogares. A quinta parte da poboación foi evacuada a terreos máis elevados. A magnitude da devastación require unha campaña de axuda extraordinaria que, até agora, non está acontecendo. Aínda que os Estados Unidos ofreceron axuda de urxencia a Haití, non fixeron o suficiente cunha nación pobre, coa cal EEUU ten a responsabilidade moral de axudar. Así mesmo, a obsesión peculiar da administración Bush cun embargo comercial obsoleto e que busca encherlles os petos aos anticastristas de liña dura en Miami, interfere co envío urxente da axuda requirida por Cuba. Wáshington anunciou, a semana pasada, 10 millóns de dólares en asistencia para Haití. Enviou o barco de asalto anfibio Kearsarge, que transportou helicópteros e avións, para cooperar na xestión de axuda. É un bo comezo. Pero Haití, o país máis pobre do Hemisferio Occidental, necesitará máis. Só a metade da axuda estadounidense son fondos novos; o resto é desviado doutros programas necesarios e menos urxentes. A ONU solicitou máis de 100 millóns de dólares para apoiar aos afectados pola tormenta. A axuda para Cuba complicouse polas políticas anticuadas da guerra fría. Os Estados Unidos ofreceron, até o momento, 100 000 dólares en axuda; coa promesa de aumentala se Cuba permite a entrada dun equipo estadounidense para avaliar os danos. A Habana rexeitouna e EEUU négase a suavizar temporalmente aspectos básicos do prolongado embargo comercial. O Departamento do Tesouro incrementou o límite de dólares que as organizacións autorizadas a traballar cos disidentes cubanos poden enviar á illa antillana. Pero Wáshington non acepta a solicitude de Cuba e négase a levantar as restricións sobre o diñeiro que os cubano-americanos poden enviar aos seus familiares. Consideramos que o embargo contra Cuba é unha das políticas peor dirixidas que un puidese concibir (?) Contribúe á miseria de cubanos, todo polo ben dalgúns eleitores na Florida. Nin sequera lle estamos a pedir á administración Bush que levante o embargo para sempre. O que hai que facer para aliviar a crise causada polas tormentas é eliminar temporalmente todas as restricións sobre as remesas e o fluxo de axuda privada a Cuba. |
| < Ant. | Seg. > |
|---|
