Soidade de xustiza para unha política errada contra Cuba
Elizabeth Noriega   
Domingo, 14 de Setembro do 2008

Elizabeth Noriega-. Provista con estas e outras razóns as Nacións Unidas votan ano tras ano e por maioría case unánime o fin dun cerco contrario á condición humana.

Conmovida ante a fustrigación dos furacáns a comunidade internacional mobiliza o mellor de si apremada pola urxencia das vítimas. Co pobo cubano o goberno de Estados Unidos achega a excepción seguindo o estilo tristemente histórico do seu oportunismo sen reparo fronte á desgraza allea.

A gravidade do momento explica o rexeitamento que provocou a condicionante norteamericana: primeiro inspecciónoche e entón valoro se contribúo. O tráfico internacional de información sobre os ofrecementos e envíos de axuda humanitaria ao Caribe arrasado contrasta coa indecorosa proposta, que non incoherente.

Máis que conspirar contra o sistema, o bloqueo das últimas catro décadas recae na cotidianidade das familias cubanas vetándolles o acceso a tratamentos que puidesen ser vitais nas súas vidas. Pero ao presidente norteamericano George Bush parecéronlle insuficientes medidas tan pouco piadosas e reprimiu todo o que puido os intercambios comerciais ou financeiros e até os dereitos dos seus cidadáns ao restrinxirlles viaxes e envíos de remesas familiares á illa.

Provista con estas e outras razóns as Nacións Unidas votan ano tras ano e por maioría case unánime o fin dun cerco contrario á condición humana. De costas a este concerto a Casa Branca insiste en manter as sancións e agora aproveita o desastre climatolóxico para ostentar a través de ditados oficiais as súas posicións pecaminosas. Foi un paso en falso.

Unha maioría da comunidade cubana en Miami expresa as súas diferenzas cos recalcitrantes e pide que se levanten as restricións. O xornal The New York Times critica a actitude do goberno e comenta: "a escalada da devastación esixe uns esforzos extraordinarios de asistencia que, até o momento, non se deron". Outros medios internacionais amplifican o rexeitamento de organizacións solidarias á condicionante norteamericana e destacan a resposta cubana: "para permitir a venda de materiais e autorizar créditos privados para a compra de alimentos, non se require a visita a Cuba dun equipo de avaliación".

A ponte aérea de contribucións constata un marcado distanciamento cunha actitude máis vergonzante aínda se interiorizamos o sacrificio actual dos cubanos para reparar as súas vidas. Unha realidade indicadora do que novamente ocorrerá no período 63 de sesións da Asemblea Xeral da ONU que se inicia desde o martes 16 de setembro. O voto das nacións exporá a súa condena ao bloqueo como testemuño da soidade de xustiza para unha política errada contra Cuba.


Elizabeth Noriega
Sobre o autor ou autora:
Xornalista
Ler máis >>
 
< Ant.   Seg. >