| Os acordos de Doha poñen en perigo ao sector servizos |
| Walden Bello | |
| Xoves, 28 de Agosto do 2008 | |
Walden Bello-. Desesperado por pechar un novo tratado global comercial, o xefe da Organización Mundial de Comercio (OMC), Pascal Lamy, está planeando convocar unha reunión «mini-ministerial»…
A intención é saír dela con acordos comerciais para a liberalización de mercados na agricultura, a industria e os servizos, os cales foron o foco de atención dos chamados Acordos de Doha da OMC que se veñen alongando desde 2001. Os gobernos dos países máis desenvolvidos acordaron xustamente textos que se refiren a ilusorias promesas de redución dos subsidios en agricultura na Unión Europea e nos Estados Unidos, o que necesita de ambos que recorten os seus aranceis industriais proporcionalmente máis que os países en vías de desenvolvemento. Permitiríanse, non só a si mesmos, malos acordos que porían nun grave apreto ao sector servizos, incluíndo actividades tan vitais como a provisión de auga, a enerxía e a intermediación financeira. Mentres a atención global centrouse nas paroladas sobre os subsidios agrícolas e os aranceis industriais, os Estados Unidos e a Unión Europea puxeron de manifesto que non aceptarán ningún paquete de medidas que non inclúa os servizos. Como deixou tallantemente claro hai pouco a representante de comercio dos Estados Unidos, Susan Schwab, Wáshington «non aceptará unhas medidas de Doha que non inclúan uns resultados ambiciosos na liberalización dos servizos que leven resultados comercialmente significativos». Mentres Schwab describe os servizos como o curmán pobre da agricultura e a industria, un posible resultado é un acordo en materia de servizos que non vaia acompañado doutros en agricultura e industria. Coa polarización entre o norte e o sur en agricultura e industria, salvando os acordos sobre servizos de Doha, que representan entre un 50 e un 60% da actividade económica dos países máis desenvolvidos, pode ser unha opción máis que atractiva para os EE.UU e a UE. O Acordo Xeral de Mercados de Servizos (General Agreement on Trade in Services, GATS), esixe aos países conceder o mesmo tratamento aos provedores de servizos estranxeiros que ás empresas locais. No entanto, os países en desenvolvemento móstranse pouco dispostos a facer isto, debido ao seu actual mínima capacidade de regular os negocios transnacionais. Os seus temores foron ventilados por problemas actuais do sistema financeiro, e atópanse coa ausencia de regularización global dos operadores financeiros dos países desenvolvidos. Aínda que os servizos financeiros son só un dos moitos que cobre o GATS, os EE.UU e a UE fixeron un sector financeiro liberalizado con importantes demandas nos países en desenvolvemento. Revelouse que a UE pediu que algúns países en desenvolvemento eliminen as regulacións sobre as actividades dos hedge funds, as agrupacións financeiras que foron as causantes do colapso do baht [moeda tailandesa, N. da R.] en 1997. A UE tamén pediu a México que abra os seus mercados aos "derivados", inseguros instrumentos financeiros que xogaron un papel importantísimo no caos financeiro actual. Moitos países en vías de desenvolvemento reciben cos brazos abertos o capital estranxeiro, pero aprenderon o custosa que resulta a presenza dun forte financiamento estranxeiro, pois supón un forte réxime de regulación á medida das súas particulares necesidades e capacidades. Foi a indiscriminada eliminación dos controis do capital nestas rexións por orde do Fondo Monetario Internacional e o Departamento de Facenda dos EE.UU a que causou a devastadora crise financeira asiática. Con practicamente todos os controis do capital suprimidos e as leis de investimento liberalizadas, case 100 mil millóns de dólares americanos desembocaron nas economías asiáticas entre 1993 e 1997, co capital tendendo cara a áreas de alto e rápido beneficio, como o do mercado de valores de bens inmobles. Con poucos controis cara a onde ían os fondos, a sobreinversión pronto afundiu as reservas e as economías domésticas, causando un colapso dos prezos e o consecuente trastorno para os tipos de cambio, a balaza de pagos e a balanza comercial. Levados polo pánico, os especuladores fuxiron pola primeira saída que viron. Coas leis de entrada e saída liberalizadas, os gobernos non tiñan xeito –exceptuando a Malaisia, que desafiou ao FMI e impuxo controis de capital– para parar a estampida; e os 100 mil millóns de dólares, que desapareceron da rexión en poucas semanas no verán de 1997, levaron unha chirriante parada do crecemento económico desde Corea até Indonesia. Logo da crise financeira asiática, a de Arxentina, e o crack do dot.com entre 2000 e 2002, todos eles por mor das burbullas especulativas e a falta de regulación financeira, un podería pensar que as autoridades dos países desenvolvidos farían fincapé na regulación das actividades dos actores financeiros globais. Con todo, o financiamento global resistiuse a calquera movemento cara a unha regulación efectiva. Aínda que se levantaron voces que pedían controis á proliferación dos instrumentos financeiros como os "derivados", isto nunca se conseguiu. A avaliación e regulación dos "derivados" ía deixarse en mans dos axentes do mercado, quen supostamente tiñan acceso a sofisticados modelos de «avaliación de riscos» cuantitativos que traerían o desenvolvemento. Arrasados polas consecuencias desta desregulación financeira, moitos países en desenvolvemento non se sorprenderon cando o autoregulamento conduciulles a unha burbulla inmobiliaria que cando explotou puxo ao sistema global de finanzas ao bordo do colapso. Unha das máis coñecidas escenas das antigas películas do oeste é esa en a que un tren acelera cara a unha colisión inminente con outro, coa man sen vida do maquinista, ao que uns bandidos dispararon, apoiada sen remedio sobre o acelerador. O desenvolvemento actual das finanzas globais é unha reminiscencia desa escena. O consenso global está formando unha re-regulamentación do sector financeiro. Pero a despreocupación por este consenso emerxente e o caos financeiro ao redor del dos países desenvolvidos que negocian na OMC, é como a man morta do maquinista, continúa acelerando, presionando aos países en desenvolvemento para facer acordos en materia de servizos que liberalicen drasticamente o seu sector financeiro. Os países en desenvolvemento conducirían o tren á colisión da que naturalmente sobrevirá a determinación dos EEUU e a UE de conseguir a liberalización financeira global a calquera prezo. Aqueles non deberían conformarse cun acordo do sector servizos que comprometese a súa capacidade para regular os seus propios sectores financeiros e outros servizos. O que deben facer é dicir non aos acordos alfandegueiros en agricultura e industria que lles sitúan nunhas condicións inxustas, e deben tamén non tomar parte nos acordos sobre o sector servizos que non lles reportaría outra cousa que ser arrastrados a unha terrorífica espiral de desregulamentación financeira global. | |
| < Ant. | Seg. > |
|---|

Walden Bello-. Desesperado por pechar un novo tratado global comercial, o xefe da Organización Mundial de Comercio (OMC), Pascal Lamy, está planeando convocar unha reunión «mini-ministerial»…
