55 días en folga de fame de Amadeu Casellas
Soledad Rodríguez   
Luns, 18 de Agosto do 2008

 Liberdade ou morte!

El asegura que é o preso máis veterano de Catalunya. Tamén o máis combativo. denunciou repetidas veces ás autoridades por roubos, estafas, abusos e falsificacións. Realizou 50 folgas de fame e ten pasado anos enteiros en celas de illamento, sen ver a ninguén, saíndo só dúas horas a un patio baleiro. A historia da súa vida é a historia dos cárceres da Catalunya democrática, e por iso a Generalitat, con ganas de cambiar o sistema penal, atende aos seus consellos, mentres que o Síndic de Greuges visítalle para descubrir un dos grandes secretos do país: oito mil presos, máis que nunca na historia de Catalunya, sometidos a un sistema obsoleto capaz de agravar as súas patoloxías.

"O noso sistema fomenta a drogadición e pode inducir ao suicidio", admite un funcionario que, como os outros que accederon a falar coa Vanguardia, esixe manter o anonimato. "Tería moitos problemas se soubesen que falo cun xornalista", di un. "A miña vida podería correr perigo", afirma outro: "Os meus compañeiros xa me encerraron máis dunha vez con presos perigosos para me asustar".

Amadeu Casellas foi un atracador que desperdiciou as súas oportunidades de liberdade. "Cada vez que saía collía un arma", manifesta un ex alto cargo do servizo penal da Generalitat. Quebrantar condenas e fuxir foron motores do seu historial delituoso. "Non lle deixaban opción", explica un membro dos servizos sociais. O mundo dos presos, como recoñece Casellas, oscila entre dúas opinións. Quedamos con el o sábado da semana pasada nun local do Poblenou. O venres empezou o seu décimo permiso desde que a folga de fame deu os seus froitos, e o domingo ás nove da noite debía estar de volta en prisión. Vestía de negro. Un xersei sen pescozo e manga longa, un pantalón de la e uns zapatos de cordóns que parecían novos. A violencia, as equivocacións, a resistencia, os soños e o cansazo da súa vida estaban encerrados nuns ollos grandes, negros e acuosos. Ollos de ida e volta a case todo.

A causa do rebelde

Casellas tiña 14 anos en 1973 e traballaba nunha fábrica de Balenyà cando descubriu o anarquismo. "Sentíame explotado polo empresario, coñecín a xente da CNT e empecei a repartir propaganda subversiva polas rúas. Ía de paquete na moto cos panfletos e asistía a reunións clandestinas". Cría na loita armada, na revolución imprescindíbel para cambiar as cousas, e aínda hoxe, cando cumpriu xa os 45 anos e está convencido de que as pistolas non arranxan nada, considera que o anarquismo, aínda sen ser a solución definitiva, "funcionaría mellor que a democracia que temos". "En España non temos democracia -di. Antes había un ditador que era Franco, e hoxe hai uns partidos políticos. As empresas funcionan igual. As necesidades de primeira orde non están resoltas. Falta igualdade entre ricos e pobres".

Foi buscando esta igualdade como atracou o seu primeiro banco, o banco mercantil de Manresa, en 1976. "Foi case o meu primeiro delito. Estaba moi nervioso, pero foi ben. Un policía local deunos o alto, pero saíu correndo ao ver as nosas armas e os pasamontañas" Durante os seguintes dous anos e medio atracou máis de 50 bancos.

http://www.nodo50.org/Amadeu-Casellas-50-dias-en-folga.html

 
< Ant.   Seg. >