| Acción Global dos Pobos: coordinando as resistencias |
| Altermundo | |
| Xoves, 14 de Agosto do 2008 | |
Entre os días 20 e 27 celébrase en Atenas unha xuntanza de grupos antineoliberais para deseñar as vindeiras accións de presión.
Aínda que non hai coincidencia plena, a xestación do movemento altermundista ten moito que ver co levantamento zapatista de Chiapas en 1994. Dous anos despois producíase o chamamento dende as montañas do sueste mexicano para o Primeiro Encontro Intercontinental pola Humanidade contra o Neoliberalismo. Máis de 3.000 activistas de 40 países acudiron á chamada: "Isto non é necesario para conquistar o mundo. Isto é suficiente para facer un novo".
En Europa, os grupos identificados cos principios da PGA reúnense bianualmente (Milán 2001, Leiden 2002, Belgrado 2004, Francia 2006). Grecia acollerá esta macroxuntanza de activistas o vindeiro agosto, cuxas conferencias procuran non só o intercambio de coñecemento e experiencias entre activistas, mais tamén a realización de unións que permiten desenvolver a organización de accións comúns e colectivas.
A PGA é un instrumento de coordinación non unha organización, non posúe membros nin personalidade xurídica. + INFO: europe.pgaconference.org | |
| < Ant. | Seg. > |
|---|

Entre os días 20 e 27 celébrase en Atenas unha xuntanza de grupos antineoliberais para deseñar as vindeiras accións de presión.
Aínda que non hai coincidencia plena, a xestación do movemento altermundista ten moito que ver co levantamento zapatista de Chiapas en 1994. Dous anos despois producíase o chamamento dende as montañas do sueste mexicano para o Primeiro Encontro Intercontinental pola Humanidade contra o Neoliberalismo. Máis de 3.000 activistas de 40 países acudiron á chamada: "Isto non é necesario para conquistar o mundo. Isto é suficiente para facer un novo".
A PGA baséase en cinco principios: 1. Rexeitamento do capitalismo, imperialismo e feudalismo, de todos os acordos comerciais, institucións e gobernos que promoven a globalización destrutiva. 2. Rexeitamento de todas as formas de dominación e discriminación social. 3. Rexeitamento dunha actitude de confrontación. 4. Apelan á acción directa e desobediencia civil, ao apoio a movementos de loita social. 5. Filosofía de organización baseada na descentralización e autonomía..jpg)