| Fracasou Doha? |
| Manoel Santos | |
| Luns, 04 de Agosto do 2008 | |
Manoel Santos-. Se concordamos en que a OMC só busca máis liberalización dos mercados, o do fracaso da Roda de Doha parece máis ca nada unha boa nova, pois esa "liberdade" é por exemplo a causa primixenia da crise alimentaria que hoxe sofren mil millóns de persoas.
Na semana que remata vimos como a Roda de Doha da OMC, que debía completar -sobre todo no eido agrícola- as liberalizacións do mercado mundial despois daquela Roda de Uruguai da que naceu a propia Organización Mundial do Comercio en 1995, fracasou por enésima vez da man dos 40 países invitados polo gran xefe, Pascal Lamy, ás conversas de Xenebra. Este selectivo método de proceder dunha institución con 153 Estados membros di moito da transparencia e da democracia coa que queren que se desenvolvan as negociacións. "Corenta ministros de comercio preseleccionados non teñen ningún tipo de mandato para decidir sobre o futuro de millóns de persoas", dicían en Vía Campesiña. Os desacordos sobre os subsidios agrícolas do Norte e as proteccións alfandegueiras fronte aos produtos do Sur parecen estar no cerne dos atrancos que sofre a ministerial de Doha dende 2001, ou iso reflicte a prensa mundial. Certo é, mais as complicadas negociacións no eido agrario agochan tamén as contraprestacións que EUA e a UE piden por reducir as subvencións ás súas agroindustrias, que fan que os produtos do Sur compitan en inferioridade cos do Norte: máis liberalización sobre todo nos servizos, por medio do chamado Acordo Xeral do Comercio de Servizos. Estes últimos fan referencia tamén á auga, á educación, á saúde ou á enerxía, que deberan ser dereitos humanos non suxeitos á liberalización, mais son gorentosas larpeiradas para as grandes corporacións do Norte, que desexan seguir a chuchar na miseria do Sur. O ministro de Exteriores arxentino, Jorge Taiana, laiábase este martes de que malia que o proceso de Doha nacera en 2001 como "roda do desenvolvemento" o que se vía era "o intento dos países industrializados de dar pouco e pedir moito". E Evo Morales, nun texto previo ás xuntanzas, preguntaba: "O desenvolvemento económico, o alivio da pobreza, as necesidades dos nosos pobos, o aumento de oportunidades para os países en desenvolvemento, que foron os obxectivos anunciados en 2001 en Doha, están no centro das actuais negociacións na OMC? Evidentemente non. Se concordamos en que a OMC só busca máis liberalización dos mercados, o do fracaso da Roda de Doha parece máis ca nada unha boa nova, pois esa "liberdade" é por exemplo a causa primixenia da crise alimentaria que hoxe sofren mil millóns de persoas. | |
| < Ant. | Seg. > |
|---|











.gif)








Manoel Santos-. Se concordamos en que a OMC só busca máis liberalización dos mercados, o do fracaso da Roda de Doha parece máis ca nada unha boa nova, pois esa "liberdade" é por exemplo a causa primixenia da crise alimentaria que hoxe sofren mil millóns de persoas.

Ignacio Ramonet-. A apocalipse financeira non rematou. Estase transformando en recesión global. E todo indica que imos cara a unha Gran Depresión. Por espectaculares que sexan, as medidas adoptadas en Europa e en Estados Unidos non van provocar o final das dificultades. 