| Ecuacións e alimentos |
| Gustavo Duch Guillot | |
| Domingo, 13 de Xullo do 2008 | |
|
Gustavo Duch-. Ás veces parécenos que o mundo no que vivimos é o da maioría, pero non é así. Invítolles a acompañarme nun exercicio teórico para pornos na pel dos 3.000 millóns de persoas deste mundo que dedican o 80% dos seus ingresos a mercar comida. [El Periódico de Catalunya] Por exemplo, se o meu salario en Barcelona fóra de mileurista, quedaríanme uns 200 euros ao mes para outras necesidades (vivenda, transporte, roupa, colexios…), polo que tería que ser realmente enxeñoso para chegar a fin de mes. Se cobrase o dobre, quedaríanme 400 euros, que está mellor, pero é aínda difícil. Só a partir de salarios de 4.000 ou 5.000 euros empezarían a saír as contas. Pero ao exercicio fáltalle outro dato, e é que os 3.000 millóns de persoas cuxa situación estamos intentando entender, e que supón case a metade da humanidade, dispoñen de 2 euros ao día. É dicir, sobrevivintes cuns 60 euros ao mes, dos que 48 son para encher a canastra e quedan 12 para todo o demais. Agora, fanse unha idea do que supón unha escalada do 30% no prezo dos alimentos? | |
| < Ant. | Seg. > |
|---|

















David R. Rodríguez-. Despois da xuntanza entre o actual presidente dos EEUU e os dous candidatos a substituílo asistimos ao nacemento do que poderíamos chamar o Segundo Consenso de Wáshington.
Manoel Santos-. Os ferros dos estantes dos supermercados son infinitamente máis fértiles cós ferrados da terra nosa.