| Bernard Cassen en Oleiros |
| Altermundo | |
| Mércores, 09 de Xullo do 2008 | |
O ex-director xeral do xornal Le Monde Diplomatique, Bernard Cassen, participará mañá xoves 10 de xullo en REVELA 08 cunha conferencia que leva por título ”As insuperables contradicións entre o libre comercio e os imperativos ecolóxicos”.
BERNARD CASSEN EN REVELA 08Xoves 10 xullo as 20h na FábricaO ex-director xeral do xornal Le Monde Diplomatique, Bernard Cassen, participará mañá xoves 10 de xullo en REVELA 08 cunha conferencia que leva por título ”As insuperables contradicións entre o libre comercio e os imperativos ecolóxicos”. Manoel Santos, director e fundador de Altermundo, será o encargado de presentar a Berrnard Cassen na Fábrica en Oleiros ás 20:00 horas. Cassen é un dos máis relevantes ideólogos do movemento antiglobalización. Fundou en 1998, e preside, a asociación Attac (Acción para a Tasación de Transaccóns e Axuda ao Ciudadán), que defende a aplicación da taxa Tobin. Cassen foi o que acuñou no foro social de Porto Alegre o lema “Outro mundo é posible”, que despois se coreou en Xénova. REVELA 08Dentro do Foro de REVELA 08 tamén participará Sydney Possuelo, experto en tribus indíxenas, o vindeiro xoves 17 de xullo. REVELA 08, que este ano leva por título ?A terra: economía, conflito e natureza?, estará presente nos parques de Oleiros ata o vindeiro 27 de xullo con máis de 250 imaxes dos fotógrafos internacionais e nacionais de maior prestixio. Este certame conta coa colaboración de diversos patrocinadores entre os que se atopan a Fundación Caixa Galicia, Fundación Paideia, Presidencia e Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia, Grupo Gadisa e Viaxes El Corte Inglés. Máis información na páxina web de REVELA 08: www.revelaoleiros.org | |
| < Ant. | Seg. > |
|---|

Novidades
O ex-director xeral do xornal Le Monde Diplomatique, Bernard Cassen, participará mañá xoves 10 de xullo en REVELA 08 cunha conferencia que leva por título ”As insuperables contradicións entre o libre comercio e os imperativos ecolóxicos”.
.jpg)