Malmö: Foro Social Europeo
Suplemento Altermundo, de Galicia hoxe
Creación da Coordinadora Europea 'Vía Campesina'
Vía Campesina   
Luns, 07 de Xullo do 2008

 Vía Campesiña-. Unha nova organización para cambiar as políticas agrícolas europeas a partir do recoñecemento médico. Lidia Senra no Comité Coordinador.

O proceso iniciado pola Coordinadora Campesiña Europea (CPE) e a COAG culminou o 27 de xuño na presentación pública da Coordinadora Europea Vía Campesiña en presenza de Josep Puxeu, o Secretario de Estado español de Medio Rural e Auga.

A Coordinadora Europea Vía Campesiña agrupa as organizacións reunidas antes na CPE e numerosas organizacións campesiñas e de traballadores agrícolas de Dinamarca, Suíza, Italia, Países Baixos, España, Grecia, Malta e Turquía.

O obxectivo principal desta organización é a loita por outras políticas agrícolas e alimentarias máis lexítimas, máis xustas, máis solidarias e máis sustentábeis que son necesarias en Europa para responder aos desafíos de seguridade alimentaria, de saúde pública, de emprego no medio rural e para enfrontar a crise global dos prezos alimentarios e do cambio climático.

En Europa, cada día, máis que mil explotacións agricolas desaparecen falta dunha verdadeira vontade política de facer vivir a agricultura campesiña e familiar.

Esiximos o desenvolvemento dunha agricultura campesiña diversa e vencellada aos territorios e a aplicación da soberanía alimentaria.

En 2008, a Coordinadora Europea Vía Campesiña participará de xeito activo no Foro Social Europeo en Malmö en Suecia (17-21 sept), na mobilización e o foro de Annecy en Francia á ocasión da reunión informal do Consello Agrícola e na Vta conferencia de Vía Campesiña (17-23 oct). Implicarase desde 2008 no debate sobre a PAC de logo de 2013.

Vostede pode atopar aquí unha presentación dos valores e as prioridades da Coordinadora Europea Vía Campesiña do mesmo xeito que unha lista das súas organizacións membros e do seu Comité Coordinador.

Principios comúns

Nós, organizacións membros da Coordinadora Europea Vía Campesiña, desexamos reforzar o movemento campesiño europeo para facer cambiar a política agrícola europea. Defendemos o dereito de soberanía alimentaria, necesario para este cambio. Os principios comúns seguintes renovan os nosos valores e as nosas prioridades. Invitamos as organizacións campesiñas e rurais que os comparten a xuntarse para facer cambiar a política agrícola europea a partir de 2008.

Os nosos valores:

  1. A solidariedade no canto da competencia,
  2. A xustiza social,
  3. A igualdade de dereitos entre homes e mulleres
  4. O uso sustentábel dos recursos naturais,
  5. A saúde dos produtores e dos consumidores,
  6. A diversidade rexional dos produtos e das agriculturas.

Por que queremos cambiar as políticas agrícolas actuais en Europa?

A PAC actual, é o resultado dunha mala PAC desde antes de 1992, e dunhas malas reformas segundo os criterios da OMC en 1992, 1999,2003. Elimina aos campesiños europeos. Non ten lexitimade xa sexa a nivel internacional (dúmping) ou a nivel social (desigualdades). Arruína o medio ambiente, a saúde, a calidade dos produtos e fai dos campesiños persoas asistidas, sen recoñecemento económico e social. Discriminouse financieramente aos campesiños de Europa Central integrada á UE. Os países europeos fóra da UE que asinaron o acordo da OMC aplican políticas paralelas á PAC.

As nosas prioridades para unha política agrícola lexítima, sostible e solidaria

Necesitamos unha política pública, unha política agrícola europea, definida polos europeos e non pola OMC.

  • Si a un cambio de PAC, non á súa supresión.
  • O emprego agrícola e rural debe ser unha prioridade da PAC: opómonos á desaparición dos campesiños/as.
  • Os dereitos das campesiñas deben ser recoñecidos.
  • O acceso á terra, á auga, ás sementes, ao crédito debe ser un dereito: inclúe o dereito campesiño a salvagardar a súa sementes e a mellorar a súa variedades vexetais.
  • É necesario favorecer a instalación de mozos campesiños/as.
  • Os campesiños e campesiñas deben vivir primeiro da venda dos seus produtos. Para que os prezos agrícolas reflicten o valor real dos produtos, as dúas condicións seguintes son necesarias:
  • A produción debe ser controlada, co fin de evitar os excedentes ou as penurias,
  • Calquera forma de "dúmping" á exportación (venda por baixo dos custos de produción) debe estar prohibida, e no seu lugar a UE e os outros países deben ter o dereito a protexerse de importacións a prezos demasiado baixos.
  • Para manter un mundo rural vivo en todas as rexións,
  • a agricultura campesiña debe manterse e desenvolverse: fondos europeos son necesarios, particularmente para as pequenas explotacións e as rexións desfavorecidas.
  • o proceso de concentración da produción agrícola debe pararse e a produción agrícola mellor distribuída entre as rexións e entre as explotacións.
  • Manter e mellorar os servizos públicos en todas as rexións

Os modos de produción que danan ao medio ambiente, consomen demasiada enerxía, afectan á calidade e á seguridade dos produtos, deben ser reorientados.

  • A utilización das terras agrícolas debe consagrarse prioritariamente á produción alimentaria.
  • A biodiversidade debe ser salvagardada: os transxénicos e os patentes de organismos vivos deben estar prohibidos.
  • A política de desenvolvemento rural non debe substituír á PAC, nin corrixir os seus defectos, senón complementala, desenvolvendo o emprego como prioridade.
  • Os circuítos curtos de comercialización deben de ser prioritarios en relación ao transporte de longa distancia e aos mercados internacionais.
  • Os traballadores agrícolas inmigrantes deben ser tratados sen discriminación, cos mesmos dereitos que os seus homólogos europeos.
  • Son necesarias regras de comercio internacional sen "dúmping" baseadas sobre o dereito á soberanía alimentaria, dereitos humanos e os dereitos internacionais de traballo.

Comité Coordinador:

  • Joop de Koeijer (Países Bajos): +31 111 69 15 81
  • Lidia Senra (Galiza): +34609845861
  • Marit Jordal (Noruega): +47 24148950
  • Pierre André Tombez (Suiza): +41 216017467
  • Rafael Hernández (España): +34616436556
  • René Louail (Francia): +33 672848792
  • Javier Sánchez (CCI de Via Campesina) (España): +34 609359380
  • Josie Riffaud (CCI de Vía Campesina) (Francia): +33 613105291

Organizaciones Miembros

Alemaña
Arbeitgemeinschaft Bäuerliche Landwirtschaft (ABL)

Austria
Österreichische Bergbauernvereinigung (ÖBV)

Bélxica
Fédération unie des groupements des éleveurs et agriculteurs (FUGEA)
Mouvement Action Paysanne (MAP)
Vlaams Agrarisch Centrum (VAC)

Dinamarca
Frie Boender

España
Coordinadora de Organizaciones de Agricultores y Ganaderos (COAG)
Euskal Herriko Nezakarien Elkartasuna (Union de Ganaderos y Agricultores Vascos (EHNE/UGAV) - Pais Vasco
Sindicato Labrego Galego (SLG) - Galiza
Sindicatos de Obreros del Campo (SOC)

Europa
Mouvement International de Jeunesse Africole Catholique (MIJARC-Europe)

Francia
Confédération nationale des syndicats des exploitants familiaux (MODEF)
Confédération Paysanne

Grecia
NEAK

Italia
Associazione Italiana per l’Agricoltura Biologica (AIAB)
Associazione Rurale Italiana (ARI)

Malta
Assocjazzioni tal-Bdiewa (ATB)

Noruega
Norske bonde – og Smabrukarlag (Norwegian Farmers’ and Smallholders’ Union) (NBS) - Norge

Países Baixos
Nederlandse Akkerbouw Vakbond (NAV)

Portugal
Confederacoa National da Agricultura (CNA)

Suecia
Nordbruk

Suiza
L’Autre Syndicat

Uniterre
Turquia
Confederation of Farmers’ Unions (ÇIFÇTI-SEN)
 
< Ant.   Seg. >