A sinistrabilidade viaria
Altermundo   
Venres, 04 de Xullo do 2008

 

 Libro aberto: "La siniestrabilidad vial: un problema desconocido", un ensaio que trata de penetrar nos factores que rodean ao problema dos accidentes de tráfico no Estado español. Publicado polos sociólogos galegos: Emilio Sánchez Ferreira, Gutier Calero Taboada e Héctor Tejón Sáez.

Trazando unha liña de conexión entre os principais factores sistémicos que configuran este fenómeno: a influencia do poder sedutor dos medios, os imaxinarios asociados á mobilidade, as políticas viarias desenvolvidas pola administración central ou os factores individuais latentes, preténdese ampliar o marco de visión do problema para pór así o acento sobre as causas máis fundamentais dunha realidade vergoñenta.

Desde unha perspectiva global que ten en conta temas como a mobilidade, o equilibrio social, a produción de imaxinarios televisivos, a educación… A obra intenta achegar ao lector unha reflexión sobre este problema. En contra do que poida parecer, no Estado español, só a fundación Mapfre elabora informes periódicos, que chegan ao gran público, sobre a cuestión viaria. Este traballo intenta achegar unha visión global que posibilite unha meirande comprensión e reflexión sobre unha das principais causas de morte non natural entre os mozos españois e parte da poboación española.

Un dos obxectivos do  libro é conqueriri unha maior concienciación sobre esta problemática e un achegamento sinxelo de calquera lector medio.

ENSAIO EN PDF 


Altermundo
Sobre o autor ou autora:
Artigo inserido ou creado por Altermundo.org
Ler máis >>
 
< Ant.   Seg. >