Congreso Mundial do Petróleo: Non Grato
Acsur   
Xoves, 19 de Xuño do 2008

Achégase o verán e, ademais de traernos sol e "bo tempo", este ano ameázanos coa ocupación da capital do Estado Español por un tenebroso lobby. Así, entre o 29 de xuño e o 3 de xullo, 4.000 delegados reuniranse en Madrid no marco do Congreso Mundial do Petróleo.

Tras este pomposo nome xuntaranse os representantes, voceiros e cómplices do, probablemente, lobby máis poderoso do Planeta (o petroleiro), que no seu seo recolle todos eses nomes que son símbolo de explotación dos Pobos e a Natureza, de contaminación, de inxerencia neocolonial, de estar nas trastendas e nas vangardas dunha gran parte de guerras que arrasan o mundo...

-Porque non estamos dispost@s a aceptar que se omita á cidadanía que no 50% dos países produtores de petróleo aparecen tensións e conflitos armados e no 75% cométense violacións de dereitos humanos. Un exemplo: só en Bolivia a compañía Repsol impacta sobre 17 comunidades indíxenas, impedindo o seu dereito á terra e á súa vida.

-Porque, do mesmo xeito que nos mobilizamos contra a guerra, queremos facelo contra un dos principais lobbys impulsores delas.

-Porque nos parece dun cinismo alarmante que, mentres o Goberno español fala de compromiso contra o cambio climático, participe e impulse este "Congreso" de devastadores do Medio.

-Porque non queremos que nos sigan mentindo, pois a pesar do lustroso lema do seu Congreso -"Fornecer enerxía para un mundo sostible"-, a dependencia do petróleo e a rapiña da súa industria, atrapan ao mundo nun labirinto de gravísimos problemas sociais, políticos e ambientais: non hai sostenibilidade, nin futuro no petróleo.

@s abaixo asinantes recollemos e apoiamos a iniciativa dos Movementos Sociais de nomear a este conciliábulo como "CONGRESO NON GRATO" para a cidadanía e solicitar aos seus responsables que devandito evento non veña nin a Madrid nin a ningunha outra parte. Porque non queremos máis sangue por petróleo.

Por favor manda a firma do teu colectivo ou organización a:

http://www.nomassangreporpetroleo.org/site/index.php?option=com_artforms&formid=6&Itemid=9999

 


Acsur
Sobre o autor ou autora:
Axencia de Comunicacións do Sur - Acsur Colombia
 
< Ant.   Seg. >