Olimpíadas limpas
Amarante   
Xoves, 19 de Xuño do 2008

 Clubes deportivos, asociacións e ao redor de 100 activistas celebrarán uns xogos olímpicos alternativos en Pontevedra, Vigo, Ourense e A Coruña para lembrarlle ao COI e ao COE que o respecto polos dereitos laborais tamén está dentro do espírito olímpico.

A ONG AMARANTE, co apoio de clubes de deportes e outras asociacións, organizan o vindeiro sábado 21 de xuño de 12:00 a 14:00 horas, as Olimpíadas Limpas. Uns xogos olímpicos alternativos cos que se pretende reivindicar que dentro do espírito olímpico tamén está a defensa dunha vida digna para as persoas que traballan na fabricación dos materiais deportivos para os Xogos Olímpicos e das grandes marcas deportivas.

 Ao redor de 300 persoas colaborarán nestas actividades que terán lugar simultaneamente en Santiago, Pontevedra, Vigo e Ourense onde nenos e grandes poderán participar en calquera dos xogos que se van desenvolver.

Así, haberá, entre outras actividades: exhibicións deportivas, parodias teatrais, xogos, recollida de sinaturas, exposicións, paneis informativos... onde a cidadanía poderá informarse das condicións de traballo das fábricas ás que o COI concedeu licenza para elaborar todos os materiais das olimpíadas e onde se descubriron situacións tan graves como:

  • contratación de menores
  • semanas laborais de máis de 80 horas
  • salarios de ata un 65% máis baixo do salario legal

Cabe recordar que as marcas deportivas teñen multiplicado por máis do dobre os seus beneficios dende as últimas olimpíadas. Adidas, patrocinadora oficial das olimpíadas, tivo no 2007 uns beneficios brutos de 1,1 mil millóns de dólares (crecendo un 48% dende as anteriores olimpíadas). Como exemplo: un par de zapatillas Adidas en Shenzhen pode custar entre 55 e 110 euros, case o soldo mensual do traballador que las confeccionou, moitas veces mulleres inmigrantes que dormen hacinadas na mesma habitación. Un traballador indio que cose balóns de fútbol tería que confeccionar 12 millóns de balóns por ano para gañar tanto como o que Herbert Heiner, director de Adidas, gañou en 2007 (o que suporía coser 100 balóns por minuto durante unha semana laboral de 48 horas).

Ante a falta de compromiso do COI trala entrega, o pasado 10 de xuño, de 12.200 sinaturas recollidas, Xoga limpo seguirá presionando a dito organismo e ao COE para paliar dita situación e que as empresas que fabrican todo o seu material deportivo recollan a defensa dos dereitos laborais nos seus contrato.

Candidatura Madrid 2016

Xoga Limpo 2008 esixe que a candidatura de Madrid para a celebración das Olimpíadas de 2016 sexa unha candidatura limpa e respectuosa cos dereitos laborais. Do mesmo xeito, alude á responsabilidade que tanto o COE coma a empresa provedora do equipo olímpico español teñen neste senso. Actualmente, a empresa patrocinadora do COE é a empresa china “Li Ning”  e aínda que o seu contrato remata en 2009 o COE afirmou en declaracións recentes que quere que sexa unha relación “duradeira”.  Nembargantes, Xoga Limpo 2008 valora de xeito positivo o feito de que o COE introducira unha referencia aos dereitos laborais no seu código ético, tal e coma llo fixeron saber a responsables da campaña. Hai que seguir traballando, sen embargo, para proporcionar garantías de que non se producen violacións dos dereitos fundamentais do traballo na confección do equipaxe dos e das deportistas.

En Vigo, as Olimpíadas Limpas comezarán ás 12,00 horas na Praza da Constitución.

Campaña Xoga Limpo: AMARANTE SETEM, VERDEGAIA, CAMPAÑA ROUPA LIMPA, CONFEDERACION DE CDONSUMIDORES E USUARIOS E CONFEDERACION SINDICAL INTERNACIONAL

Colaboracións: ALTERMUNDO, ASOCIACIÓN MULTICULTURAL DE MULLERES E INSTITUTO MUNICIPAL DE DEPORTES DE PONTEVEDRA

Apoios de deportistas e clubes: XOSE IGNACIO PACIOS “NACHO” - EX-XOGADOR DE FUTBOL DO COMPOSTELA E DO CELTA -,  VÍCTOR GARCIA “PILLO” - ENTRENADOR DE BALONMAN DO TEUCRO PONTEVEDRA- , MARCOS PÉREZ - ARBITRO E ENTRENADOR BALONMAN DA SECCIÓN FEMININA DO TEUCRO PONTEVEDRA-,  JORGE IGNACIO SILVA - CORREDOR DE MARCHA DO CLUBE ACADEMIA POSTAL DE OURENSE -  CESAR CARBALLO - ARBITRO BALONMAN -, CONCHI GOMEZ -FONDISTA DO CLUBE ACADEMIA POSTAL DE OURENSE -  MANUEL ROSALES – MARATONIANO -, ALOISIO –EX-CAPITÁN DO CLUB DEPORTIVO OURENSE DE FUTBOL-, CIPRIANO GÓMEZ -CAMPEÓN DO MUNDO DE QUICK BOXING - MEDALLA DE BRONCE AO MÉRITO DEPORTIVO POLA REAL ORDE DO MÉRITO DEPORTIVO-, JOSE MANUEL REGUEIRO- PROMESA MUNDIAL DE NATACIÓN-, RUBÉN VILA –EX-CAPITAN DO COB E EX-XOGADOR DO PAMESA BALONCESTO-, SONI VÁZQUEZ –EX-CAPITAN DO COB BALONCESTO-, LEIS F.S. DE PONTEVEDRA, S.D. TEUCRO DE BALONMAN, CLUB TAE KWON-DO MACE SPORT DE PONTEVEDRA, CLUB DE XIMNAXIA DE PONTEVEDRA, AGRUPACIÓN DEPORTIVA ATLETICA DO SIL, CLUBE ATLETAS INDEPENDENTES DE OURENSE, CLUBE ATLETAS SEMINARIO MENOR INMACULADA DE OURENSE, CLUBE ATLÉTICO DE VETERANOS DO PABELLÓN DE OURENSE, CLUBE ATLÉTICO OURENSE – ACADEMIA POSTAL, CLUBE ATLETAS BURGAS OURENSE, SERVICIO DE DEPORTES DA UNIVERSIDADE DE VIGO, CLUBE DE ATLETAS DA CASA DA XUVENTUDE DE OURENSE, ASOCIACIÓN AMENCER, ASOCIACIÓN ANACOS DA CIDADE,COLEXIO DIVINA PASTORA, CLUBE A GOLPE DE PEDAL DE VIGO.

Tlf.de contacto:
BEGOÑA CARRERA – VERDEGAIA: 619 217204
EVA GIL- AMARANTE: 886 111327 – 687 663015

Amarante
Sobre o autor ou autora:
ONG Amarante
Ler máis >>
 
< Ant.   Seg. >