O Beiras en Galicia Hoxe
En Galicia temos opinión do mundo
Universidade campesiña: pensando en Paulo Freire
Gustavo Duch Guillot   
Venres, 13 de Xuo do 2008

 Gustavo Duch-. De diferentes lugares do mundo, todos eran campesiños, menos Pablo e Rosaura unha compañeira dun movemento antitransxénicos coa que xa tivera algunha discusión sobre as posibilidades destas sementes fronte á seca.

Pablo obtivera recentemente a súa licenciatura de agrónomo. Foron cinco anos de ler libros e escoitar os seus profesores nas aulas universitarias, combinándoo co seu voluntariado nunha oenege que traballa a favor das comunidades rurais. As súas inquietudes levárono a participar no evento internacional que a Vía Campesiña (plataforma que agrupa máis de 150 millóns de familias campesiñas) organizou en Malí.

Recorda o día en que lle tocou participar nun debate sobre auga e agricultura, tema central nun planeta que se quenta e seca. É un tema que Pablo coñece a fondo porque sobre el enfocou o seu traballo final de carreira: "Análise dos logros da Universidade de Connecticut no desenvolvemento de plantas de tomate modificadas xeneticamente con raíces máis eficientes que lles permiten resistir condicións de seca, como logro para a loita contra a fame". Seguramente podería intervir achegando algúns datos reveladores.

Sentados en círculo unhas 10 persoas fóronse presentando. De diferentes lugares do mundo, todos eran campesiños, menos Pablo e Rosaura unha compañeira dun movemento antitransxénicos coa que xa tivera algunha discusión sobre as posibilidades destas sementes fronte á seca. O primeiro en falar foi un campesiño da volcánica illa de Lanzarote. Os seus antepasados, explicou, observaran que as plantas que quedaban parcialmente cubertas de area (picón chámanlle eles) crecían máis vigorosas, así que decidiron escavar buracos cónicos onde plantar viñas ou figueiras. Grazas ó material volcánico conséguese absorber e conservar a humidade da choiva ou o orballo das mañás. Ademais, o picón actúa como illante, evitando as perdas de auga por evaporación, mantendo constante a temperatura da terra vexetal. O viño de Lanzarote ten gran prestixio. A continuación tomou a palabra unha pastora de Namibia que lles contou sobre os elefantes do deserto capaces de sobrevivir entre as dunas. Para atopar auga han de percorrer moitos quilómetros. As plantas dos seus enormes pés recollen as vibracións dos cursos de auga subterráneo e acuíferos. Cos cabeiros e a trompa escavan ata atopar auga. Cando o calor os aperta son capaces de aspirar coa trompa a auga do seu estómago e asperexerse as orellas para baixar a súa temperatura.

Tocáballe a quenda a Paulo. Rosaura, cariñosa, chiscoulle o ollo.


Gustavo Duch Guillot
Sobre o autor ou autora:
Director de Veterinarios sin Fronteras
Ler máis >>
 
< Ant.   Seg. >