| Manifesto Corrubedo Cabo Verde |
| Altermundo | |
| Mércores, 05 de Xullo do 2006 | |
|
-Corrubedo, Martes 11 de xullo de 2006- MEDIO AMBIENTE DESBOTA O PROXECTO DE PISCIFATORÍA EN CORRUBEDO
Adega informanos do compromiso adquirido polo Conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez, de que NON SE VAI INSTALAR NINGUNHA PISCIFATORÍA NA PUNTA DOS CORVOS DO CABO CORRUBEDO ASÍ COMO DE INCORPORAR ESTA ÁREA Á REDE GALEGA DE ESPAZOS PROTEXIDOS. Así mesmo, o Deputado polo PSdeG José Manuel Lage, en carta remitida á Plataforma Medioambiental de Corrubedo, anuncia que "en Punta dos Corvos-Corrubedo non se instalará ningunha granxa acuícula nin ningún tipo de industria". Dende Altermundo.org e a Plataforma Medioambiental de Corrubedo queremos agradecer a todos os organismos, medios de comunicación e persoas que se uniron a nos nesta defensa do Cabo e anunciamos que seguiremos vixiantes para que se cumpran os compromisos e a nosa costa non sufra máis agresións. Asemade, seguiremos a loitar contra os problemas ambientais que seguen a esnaquizar Corrubedo. Comunicación de Adega:
Compostela, a 10 de xullo de 2006 Este luns 10 de xullo, no decurso da primeira reunión do COGAMA (Consello Galego de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible), o Conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez, en resposta á reclamación de ADEGA de desbotar o proxecto de macropiscifatoría de Stolt Sea Farm e incluir a Punta dos Corvos este territorio na Rede Natura, anunciou que NON SE VAI INSTALAR NINGUNHA PISCIFATORÍA NESTE ESPAZO. Aliás, manifestou tamén o compromiso do seu departamento de incorporar esta área á Rede Galega de Espazos Protexidos, cunha figura de protección acorde cos valores naturais desta costa. Dende ADEGA acollemos con satisfacción esta decisión, que non é allea á intensa campaña levada a cabo por ecoloxistas e veciños en defensa do medio ambiente de Corrubedo en particular, e da Rede Natura galega en xeral. Os casos das macropiscifatorías de Corrubedo, Touriñán e Rinlo, recentemente desbotados pola administración ou o propio TSXG, poñen de manifesto o compromiso e a madurez da sociedade galega na defensa do noso Patrimonio Natural. No entanto, lembramos á administración a urxencia de ampliar a cativa Rede Natura Galega (a penúltima en extensión de todo o estado) e de dotar a esta e a outras áreas protexidas dos correspondentes PORNs (Planos de Ordeación dos Recursos Naturais) e PRUXs (Planos Regulamentadores de Uso e Xestión), para facer compatíbel a conservación dos valores naturais co aproveitamento sustentábel dos seus inmensos recursos económicos, sociais, culturais, etc. Temos tamén que por de manifesto que aínda penduran ameazas herdadas da planificación insustentábel e depredadora deseñada polo anterior governo sobre outros espazos protexidos da costa e o interior. É unha herdanza envelenada que, como o Planos Sectoriais Hidroeléctrico e Eólico, ou o propio Plano Sectorial de Parques de Tecnoloxía Alimentaria segue a condicionar en grande medida a nova planificación sectorial que precisa este país, hipotecando as posibilidades de acadar un desenvolvemento sustentábel nos planos ecolóxico, económico, e social. ADEGA reafirma o seu compromiso irrenunciábel coa defensa ecolóxica de Galiza, e a súa vontade de seguir alerta contra os proxectos que maltraten o noso patrimonio natural. No día de hoxe, e a falla dunha definitiva confirmación oficial, a cidanía galega e o pobo de Corrubedo pode comezar a albiscar un futuro verde para este outro cabo do mundo. ADEGA
–Corrubedo, Xoves 6 de xullo de 2006– MANIFESTO DA PLATAFORMA MEDIOAMBIENTAL DE CORRUBEDO
CORRUBEDO CABO VERDE/SALVEMOS O CABODende a Plataforma pola Defensa Medioambiental de Corrubedo, que leva loitando anos contra a especulación industrial e o abandono dun dos lugares máis senlleiros do litoral galego, e diante das novas xurdidas na prensa do día 29 de xuño, segundo as que a conselleira de Pesca, Carmen Gallego, mantivo unha xuntanza secreta con outros membros do PSOE e co xerente da empresa norueguesa Stolt Sea Farm, para chegar a un acordo sobre a superficie a ocupar no cabo Corrubedo por unha fábrica de peixes manifestamos o seguinte,
POLO TANTO, ESIXIMOS
Por todo isto, anunciamos un decidida campaña en todos os eidos para evitarmos a MORTE DO CABO.NON QUEREMOS MÁIS AGRESIÓNS CONTRA A NOSA COSTANON Á PRIVATIZACIÓN DO PATRIMONIO COMÚNAS FÁBRICAS AOS POLÍGONOS!!DEIXADE O CABO CORRUBEDO EN PAZ !!!OUTRAS INFORMACIÓNSDende altermundo.org, e en asociación coa Plataforma Medioambiental de Corrubedo iniciamos unha recolleita de sinaturas para esixir que o Cabo Corrubedo sexa incluído, como é de xustiza, na rede Natura 2000 e que a Xunta anule o proxecto para instalar unha macrofabrica de peixes na zona. ARTIGO SOBRE O TEMA PUBLICADO EN ALTERMUNDO.ORG E GALICIA HOXE EN XANEIRO: CORRUBEDO, CABO MEUA PISCIFACTORÍA QUE A FAGAN EN NORUEGA (en naturezadixital) NOVA SOBRE A REUNIÓN SECRETA NA XUNTA PARA MATAR CORRUBEDO UNHA CUESTIÓN DE DIÑEIRO (por manuelgago) DESASTRE (en Diario del Gourmet) NON UNÁNIME Á PISCIFACTORÍA VALORACIÓN DO PROXECTO POR PARTE DA FEDERACIÓN ECOLOXISTA GALEGA BAIXA O FOLLETO DA PLATAFORMA MEDIOAMBIENTAL DE CORRUBEDO EN DEFENSA DO CABOMÁIS IFORMACIÓN NAS WEB DE ADEGA E VERDEGAIA DESTRUCIÓN CUSTE O QUE CUSTAR. INFORME DE GREENPEACE SOBRE O LITORAL
MAPA DA ZONA NATURA 2000 DO COMPLEXO HÚMIDO DE CORRUBEDOFRAGMENTADO POLAS DECISIÓNS INTERESADAS DA XUNTA ![]()
| |


.jpg)