Vigotroca: troca con nós
Altermundo   
Xoves, 14 de Febreiro do 2008

Alternativas galegas: Mercadiño de troco o sábado 16 no Calvario (Vigo).

*Vigotroca *convócavos a participar na *xornada de troco e cesión* que celebraremos este sábado 16 de febreiro na rúa Urzáiz, fronte ao mercado do Calvario, de 12 a 14:00 h. Calquera persoa que desexe compartir, trocar ou ceder tanto obxectos coma servizos pode achegarse, curiosear, montar un posto ou mesmo gozar do ambiente cidadán, que agardamos estea animado con malabares e actividades paralelas.

Vigotroca é un espazo aberto de intercambio e cesión de bens que aposta polo consumo consciente, a reutilización, a reciclaxe, a participación cidadá e a revalorización das relacións persoais fronte aos cartos. Vigotroca ten o seu espello na web http://vigotroca.arkipelagos.net/ e tamén na rúa, e está formado por xente coma ti e asociacións como Amarante, Árbore, Caleidoskopio ou Verdegaia. Se queres trocar connosco, achégate o sábado 16 á rúa Urzáiz no Calvario.


Altermundo
Sobre o autor ou autora:
Artigo inserido ou creado por Altermundo.org
Ler máis >>
 
< Ant.   Seg. >