Iniciativa pola Soberania Alimentar dos Pobos
Especial 60 aniversario da declaración dos DDHH
Voces alternativas
Esther Vivas   
Luns, 04 de Febreiro do 2008

 Esther Vivas-. Vencellar  o local co global, tecer redes e propor alternativas á globalización neoliberal foron algúns dos obxectivos do Fòrum Social Català que se celebrou estes días en Barcelona. Máis de cinco mil persoas dun amplo abano de organizacións, desde ecoloxistas a antiguerra pasando por feministas, sindicalistas, mozos e moza... participaron nesta iniciativa.

[La Vanguardia]

O Fòrum Social Català respondía ao chamamento do Foro Social Mundial –o encontro internacional das resistencias que se celebra anualmente desde o 2001–) a organizar este ano non un foro social ao uso senón unha gran xornada de mobilización global. Unha iniciativa que conectou o próximo co afastado, as consecuencias da globalización no noso día a día –aumento do prezo da vivenda, privatización dos servizos públicos, encarecemento do custo da vida, precarización laboral...– cos seus impactos máis globais e en países do Sur –guerra en Oriente Medio, arrequecemento global, débeda externa... Tratábase de pór de relevo que a perda do "benestar" no cotián ten a súa cara global e viceversa.

O Fòrum Social Català xurdiu nun contexto de refluxo e fragmentación da mobilización, logo das importantes protestas "antiglobalización" e "antiguerra" de principios do 2000 ata o 2004. Aínda que neste período máis recente hai que destacar o eco social conseguido por algunhas campañas a favor dunha vivenda digna, contra a especulación no territorio, iniciativas dinámicas e enraizadas no local.

É neste escenario que o Fòrum Social Català apareceu e deu unha nova oportunidade aos movementos sociais para atoparse, discutir conxuntamente e expor alternativas. Un Foro que quixo ser un altofalante daquelas resistencias sociais que actúan no local e que a miúdo non poden participar directamente das experiencias dos Foros Sociais Mundiais.

Un Fòrum Social Català das alternativas. Fronte ao discurso dominante do neoliberalismo: do libre comercio, a especulación urbanística, a privatización da vida, a precariedade laboral... os movementos sociais apostaron pola soberanía alimentaria, a vivenda digna, o ben común e os dereitos laborais. O Fòrum Social Català quixo pór de relevo as contradicións do sistema e expor alternativas ao mesmo. O seu lema foi toda unha declaración de intencións: "Que non especulen coas nosas vidas. Rebélate. Outro mundo xa é posíbel".


Esther Vivas
Sobre o autor ou autora:
Coordinadora de sensibilación da Xarxa de Consum Solidari (XCS).
Ler máis >>
 
< Ant.   Seg. >
Galicia Hoxe
ibase