| Africanos Anti-APE asolagan Bruxelas |
| Altermundo | |
| Martes, 29 de Xaneiro do 2008 | |
|
Preto de 3.000 persoas manifestáronse o 11 de xaneiro ante a Comisión Europea en contra dos Acordos de Partenariado Económico –APE. Entre os manifestantes había delegacións de África procedentes do avión fornecido polo presidente senegalés Wade, que rexeita os APE. Pasaron 6 anos desde que a UE empezou a negociar cos países ACP –África, Caribe e Pacífico– para cambiar o Sistema de Preferencias Comerciais que garante o libre acceso ao mercado europeo para moitos produtos. Os novos acordos, APE, prevén o libre comercio entre a UE e a ACP. Mais as consecuencias poden ser dramáticas para África e levar á ruína á agricultura, ao desmantelamento do tecido industrial e á perda dos impostos aduaneiros que constitúen unha ganancia esencial para algúns Estados africanos. Os APE, que debían entrar en vigor o 31 de decembro de 2007, foron rexeitados pola maioría dos países africanos, durante o cume Europa-África que tivo lugar en Lisboa o decembro pasado. +INFO: www.gloobal.net | |
| < Ant. | Seg. > |
|---|

.jpg)