acendo unha análise, por moi superficial que sexa, da sociedade e o mundo que nos toca vivir, calquera pode comprobar o importante nivel de desigualdade (entre homes e mulleres, entre o norte e o sur, entre...) que o noso sistema político, económico e social no Norte está provocando dentro e fóra das nosas fronteiras. utra cousa é, unha vez constatados os feitos, decidir abandonar a comodidade e poñerse en marcha. emexer os piares do mundo coas accións grandes e pequenas, as do día a día e as dos momentos excepcionais. Cousas que soan a grandes utopías para quen vive na comodidade do sofá pero que son o único garante de supervivencia para 1200 millóns de persoas, o 70% delas mulleres, que viven na pobreza extrema e a longo prazo as da humanidade enteira, tendo en conta os factores ambientais. s colectivos sociais levamos loitando en todos os países, continentes e recunchos dende séculos pola xustiza social, a igualdade de xénero e contra a discriminación de todo tipo, e é a esta loita á que lle debemos os limitados dereitos dos que gozamos polo menos a nivel teórico na actualidade as persoas. ó a acción colectiva pode poñer fin a un sistema onde a riqueza se acumula en mans cada vez máis limitadas, onde hai máis poder na tecnoloxía, no uso da nosa saúde, da nosa alimentación, das mulleres e da natureza como armas de control. cupar ese espazo está agora nas nosas mans unha vez máis. Nunhas mans que teñen que ser olectivas e crear sinerxias. Pois somos moitas as organizacións que traballamos para desfacer as distintas caras deste poliedro de desigualdade e inxustiza e que, cada unha dende a súa óptica que enriquece ás demais, levamos adiante a transformación da sociedade e do mundo. mplicadas/os no Desenvolvemento somos unha desas organizacións que dende Galicia celebramos en 2008 10 anos de traballo de cambio das estruturas que subxacen a pobreza e a súa feminización dunha maneira crítica e comprometida cun cambio no norte e un traballo man a man coas mulleres e os pobos do sur. ctuar é a palabra máis urxente. ogo ha ser tarde, así que agora é o momento de mobilizarse ten que ser ese cambio, dende quen somos e onde estamos, para cambiar o mundo da única maneira que asegura a súa perdurabilidade, dende a identidade propia, a equidade de xénero, a mobilización política, a reflexión e o debate social. Todas, todos temos que participar. |