| O Foro Económico Mundial comeza as súas reunións en Suíza |
| Axencia Púlsar | |
| Xoves, 24 de Xaneiro do 2008 | |
|
O Foro Económico Mundial iniciou este mércores as súas reunións no pobo de Davos, Suíza. Líderes políticos e empresariais atópanse alí cada ano de xeito informal para debater problemas mundiais e selar acordos económicos. As mil empresas máis importantes do mundo desembolsan máis de 26 mil euros cada ano para integrar o Foro de Davos, mentres que cada membro individual debe pagar 18 mil euros para participar da xuntanza. Ademais, ao redor de 100 compañias multinacionais gastan 310 mil euros para ser "socios estratéxicos" do Foro. Este Foro Económico Mundial organizado por unha entidade privada reúne a xefes de estado e grandes empresarios en debates, cócteis e recepcións co fin de "mellorar o estado do mundo". O encontro contará coa presenza do premio Nobel da Paz 2007, Al Gore; o primeiro ministro británico, Gordon Brown; o fundador de Microsoft, Bill Gates; a secretaria de Estado norteamericana, Condoleezza Rice; o presidente de Colombia, Álvaro Uribe; o mandatario de Paquistán, Pervez Musharraf, entre outros. As organizacións sociais, culturais e sindicais de todo o mundo respostan a este encontro de líderes políticos e económicos co Foro Social Mundial, que este 26 de xaneiro tomará a forma dun Día de Acción Global contra as políticas neoliberais. Audios disponíbeis en Púlsar: | |
| < Ant. | Seg. > |
|---|

