| Prisión para Antón Carolina |
| Gustavo Duch Guillot | |
| Luns, 21 de Xaneiro do 2008 | |
Así, desde o berce, desadvertidos e a traizón, entran mensaxes clarísimos da violencia do home contra a muller que se converten en malditas realidades polo mundo. No campo a situación de desigualdade entre o home e a muller é moi evidente e as relacións de tiranía e violencia son prácticas comúns.[Galicia Hoxe] Fagan a seguinte proba. Busquen unha nena de entre 8 e 12 anos e cantarexen con ela a tradicional canción infantil que di: Antón Carolina, na, na, matou a súa muller, er, er, meteuna nun saco, co, co, e levouna a moer, er, er. O muiñeiro dixo, gho, gho, que aquilo non era fariña, na, na, que era a muller, er, er, de Antón Carolina, na, na... Eu fíxena con Fanny, de 9 anos recentemente cumpridos e espabilada como poucas. Ela xa coñecía a canción, pero nunca se parou a pensar no contido desta. Cando o revisamos a súa fermosa cara estaba desdebuxada. Así, desde o berce, desadvertidos e a traizón, entran mensaxes clarísimos da violencia do home contra a muller que se converten en malditas realidades polo mundo. No campo a situación de desigualdade entre o home e a muller é moi evidente e as relacións de tiranía e violencia son prácticas comúns. As mulleres campesiñas, como as empresarias, as executivas ou as taxistas, tamén son supermulleres. Elas campesiñas, coma eles, aman o campo e entenden as relacións coa nai natureza. Pero elas, non coma eles, bregan coas súas parcelas, atenden e alimentan os animais de patio, ao mesmo tempo que coidan dos fillos, limpan a casa, lavan a roupa, preparan o xantar, van comprar ó colmado subindo e baixando lombas, e aínda lles quedan forzas para ir ás asociacións campesiñas, a ver se esta vez conseguirán que a súa voz, como traballadoras do campo, sexa escoitada por igual coa dos homes. Para combater a pobreza estrutural temos tamén pendente desfacernos dos patróns patriarcais xeradores dunha inxustiza que afecta, polo menos, á metade dos seres humanos. As mulleres, por ser mulleres, en moitos países teñen reducidos dereitos tan fundamentais, como o acceso á terra. Mantéñense leis e tradicións que imposibilitan por exemplo recibir terras en herdanza, ser propietarias titulares da terra ou ter acceso a créditos para poder comprar terras. Prívaselles do acceso ó recurso básico para facer posible unha vida viable no campo, para facer brotar alimentos. Fanny preguntoume que pasou con Antón Carolina e díxenlle, tomando heroico a xustiza pola man, que acabou os seus días en prisión. Ela foi máis lonxe. -E o muiñeiro? Ese tamén é culpable -sentenciou. | |
| < Ant. | Seg. > |
|---|

Así, desde o berce, desadvertidos e a traizón, entran mensaxes clarísimos da violencia do home contra a muller que se converten en malditas realidades polo mundo. No campo a situación de desigualdade entre o home e a muller é moi evidente e as relacións de tiranía e violencia son prácticas comúns.