| Revista Foeminas: número 23 |
| Altermundo | |
| Luns, 07 de Xaneiro do 2008 | |
Xa esta dispoñible online o número 23, primeiro número de 2008, da revista Foeminas (Revista Virtual de Xénero). Foeminas está editada pola Concellería de Muller e Servizos Sociais. Para ler este número e os seus números anteriores só é preciso entrar en www.foeminas.lugo.esXa esta dispoñible online o número 23, primeiro número de 2008, da revista Foeminas (Revista Virtual de Xénero). Foeminas está editada pola Concellería de Muller e Servizos Sociais. Para ler este número e os seus números anteriores só é preciso entrar en www.foeminas.lugo.es Esta iniciativa enmárcase no I Plan de Igualdade de Oportunidades de Lugo. Para este número 23 ofrecémosvos o seguinte contido: En Historia de Mulleres presentamos a segunda entrega das Irmás Mirabal. En Portada publicamos un artigo titulado Xornadas sobre violencia e un labirinto pola igualdade en Lugo que recorda as xornadas realizadas en Lugo conmemorando o 25 de novembro (Día Internacional pola eliminación da Violencia de Xénero) e 3 de decembro (Día Internacional das Persoas con discapacidade). Na nosa Galería de Arte expomos a obra de Annete Messager cun artigo escrito por Luz Darriba. Contemporáne@ presenta o interesantísimo traballo da artista portuguesa Ana Fernandes. A nosa Portada publica unha entrevista a Ana Míguez relacionada cos premios Alecrín-Alacrán. Tamén unha entrevista a Iria Noa López Novo, baixista de Moondogs Blues e Meskalina, realizada por Cristina Corral Soilán. Mullerciclopedia presenta un traballo dedicado á música norteamericana Carolyn Bremen realizado por Luisa Carro Cabaleiro. E tamén as nosas tradicionais seccións Viaxeiras, Mullerecetario e Foeminas panorámica. | |
| < Ant. | Seg. > |
|---|

Xa esta dispoñible online o número 23, primeiro número de 2008, da revista Foeminas (Revista Virtual de Xénero). Foeminas está editada pola Concellería de Muller e Servizos Sociais. Para ler este número e os seus números anteriores só é preciso entrar en .jpg)