Revista Foeminas: número 23
Altermundo   
Luns, 07 de Xaneiro do 2008

 Xa esta dispoñible online o número 23, primeiro número de 2008, da revista Foeminas (Revista Virtual de Xénero). Foeminas está editada pola Concellería de Muller e Servizos Sociais. Para ler este número e os seus números anteriores só é preciso entrar en www.foeminas.lugo.es

Xa esta dispoñible online o número 23, primeiro número de 2008, da revista Foeminas (Revista Virtual de Xénero). Foeminas está editada pola Concellería de Muller e Servizos Sociais. Para ler este número e os seus números anteriores só é preciso entrar en www.foeminas.lugo.es

Esta iniciativa enmárcase no I Plan de Igualdade de Oportunidades de Lugo.

Para este número 23 ofrecémosvos o seguinte contido:

En Historia de Mulleres presentamos a segunda entrega das Irmás Mirabal.

En Portada publicamos un artigo titulado Xornadas sobre violencia e un labirinto pola igualdade en Lugo que recorda as xornadas realizadas en Lugo conmemorando o 25 de novembro (Día Internacional pola eliminación da Violencia de Xénero) e 3 de decembro (Día Internacional das Persoas con discapacidade).

Na nosa Galería de Arte expomos a obra de Annete Messager cun artigo escrito por Luz Darriba.

Contemporáne@ presenta o interesantísimo traballo da artista portuguesa Ana Fernandes.

A nosa Portada publica unha entrevista a Ana Míguez relacionada cos premios Alecrín-Alacrán. Tamén unha entrevista a Iria Noa López Novo, baixista de Moondogs Blues e Meskalina, realizada por Cristina Corral Soilán.

Mullerciclopedia presenta un traballo dedicado á música norteamericana Carolyn Bremen realizado por Luisa Carro Cabaleiro.

E tamén as nosas tradicionais seccións Viaxeiras, Mullerecetario e Foeminas panorámica.


Altermundo
Sobre o autor ou autora:
Artigo inserido ou creado por Altermundo.org
Ler máis >>
 
< Ant.   Seg. >