|
Número 3 de Cos Pés na Terra |
|
Verdegaia
|
|
Venres, 04 de Xaneiro do 2008 |
 Xa podes ler o número 3 de Cos Pés na Terra, revista electrónica de información, reflexión e debate sobre a sustentabilidade.
Inclúe artigos sobre transporte e cambio climático, infravaloración dos custos do transporte, produción eléctrica e cambio climático, o espazo da Rede Natura 2000 Serra de Careón, o ecoloxismo como ideoloxía, a participación desde o movemento ecoloxista e o antiambientalismo no agronegocio brasileiro. Tamén contén unha entrevista con Margarida Silva, portavoz da Plataforma portuguesa "Transgénicos fora" e a opinión dos profesores Federico Martín Palmero e María Xosé Vázquez sobre os desafíos da sustentabilidade en Galicia. Ademais de reseñas de publicacións. |