Cumio dos pobos do sur en Montevideo
Altermundo   
Xoves, 03 de Xaneiro do 2008

Logo da celebración dun novo Cume dos Pobos do Sur –17 de decembro en Montevideo–, os movementos sociais de América veñen de emitir unha declaración para ratificaren a súa aposta política pola integración dos seus pobos. Na dita declaración, recoñecen os atrancos que as elites tradicionais impoñen aos procesos de transformación social e fan especial referencia a Bolivia, condenando os intentos de desestabilización democrática dos gobernadores da Media Lúa. A declaración reafirma tamén a súa oposición aos tratados de libre comercio, nomeadamente a sinatura dun tratado entre Mercosur e Israel. Do mesmo xeito, apoian a creación do Banco do Sur, mais esixen a participación dos movementos sociais nas decisións.

Entre outras cousas, saudaron tamén a apertura dunha auditoría do estado das débedas en Ecuador e demandan a renegociación dos tratados de Itaipu e Yacyreta, así como novamente a retirada da Minustah de Haití.

+INFO: movimientos.org

Altermundo
Sobre o autor ou autora:
Artigo inserido ou creado por Altermundo.org
Ler máis >>
 
< Ant.   Seg. >