| Igualdade para todas e todos |
| Isabel Lodeiro | |
| Mrcores, 02 de Xaneiro do 2008 | |
Teño que confesar, que dende os últimos anos pesa sobre min un gran sentimento de preocupación, pois observo acotío que neste país están a pasar cousas graves, ou moi graves, que raramente teñen eco na opinión pública, e ben sabemos que do que non se fala é coma se non existira.Estou a falar do colectivo de persoas con diversidade funcional –discapacitados–, termo este acuñado polo Movemento de Vida Independente, que proclama a independencia deste colectivo. É dicir, que se lles dean as condicións de vida precisas para levar unha vida independente, autónoma, e que así poidan contribuír coma todos os cidadáns á vida política, económica, social… e ao mesmo tempo deixen de ser vistos coma seres pasivos ou dependentes, ou mesmo que o problema é deles e non do conxunto da sociedade, como así é. Mais para facernos unha idea do que estou a falar vou dar unha serie de datos. Cómpre dicir, que un 9% da poboación presenta algún tipo de diversidade funcional e tamén que o 40% destas teñen menos de 65 anos, xaora que tradicionalmente igual pensamos que este asunto é cuestión de persoas da terceira idade. Se quixera ir un paso máis adiante para afondar nesta inxustiza non fai falla máis que citar o Estudio sobre la realidad sociolaboral de las personas con discapacidad, onde se nos di que 110.000 persoas con algunha discapacidade están en idade de traballar. E se ademais engado que o 80% das persoas en idade de traballar deste colectivo están no paro, teriamos unhas 85.000 persoas deste colectivo desocupadas. Finalmente, como sabemos que o número de parados na Galiza é de 140.000, atopámonos con que un número moi significativo de parados na Galiza pertencen a este sector, co que eu conclúo que dificilmente imos paliar o tema do paro se non se adecúan medidas efectivas cara este colectivo. E non valen as que se fan a día de hoxe. É máis, pregúntome se cando nos din que descende o paro na Galiza tamén descende neste colectivo. E é bo que nolo preguntemos, porque para eles –como para todos– o traballo é o sostén da economía –amais doutros elementos que non vou analizar agora– e se non teñen ocupación laboral o recurso que lles queda é cobrar unha pensión, que as máis das veces ronda os 300 euros, o que os colocaría nunha situación de pobreza e de exclusión. Así pois, tamén cómpre analizar a que se debe a pobreza na Galiza. Queda claro que moita xente con diversidade funcional vive inmersa na pobreza, sen albiscar situacións de saída inmediatas porque máis ben o que prima é a filosofía do “sálvese quen poida”, cando coido que unha das cousas que deberiamos de estar a debater é, por exemplo, unha renda básica para a cidadanía. Resumindo, o colectivo de persoas con diversidade funcional está a sufrir unha gran inxustiza –téñase en conta que só analicei un parámetro. Semella que é un problema enquistado que teñen Galiza e España, mais dunha importancia vital, porque as inxustizas e as desigualdades hai que corrixilas en prol dun mundo para todos. Cómpre analizar máis polo miúdo estes temas, para sobre todo decatarnos das razóns de tanto silencio, de porque estas cuestións non están nas axendas dos políticos, malia que representan a un colectivo tan amplo. | |
| < Ant. | Seg. > |
|---|




















.gif)
Teño que confesar, que dende os últimos anos pesa sobre min un gran sentimento de preocupación, pois observo acotío que neste país están a pasar cousas graves, ou moi graves, que raramente teñen eco na opinión pública, e ben sabemos que do que non se fala é coma se non existira.
François Houtart-. Nós não podemos nos satisfazer em falar apenas na crise financeira e na necessidade de regulação. Se não se fizer nada, de 20% a 30% de todas as espécies vivas poderão desaparecer daqui a um quarto de século. O nível e a acidez dos mares aumentarão perigosamente, o que pode gerar entre 150 e 200 milhões de refugiados climáticos a partir da metade do século XXI.
Gustavo Duch-. En termos médicos, defínese como enfermidade sistémica aquela que afecta a todo o organismo. As crise económica, ecolóxica, hídrica, enerxética, política e alimentaria son parte dunha crise sistémica que afecta a todo o planeta.
Alfredo I. Diéguez-. Efectivamente, "calcúlase, afirma Esther Vivas-, que polo menos o 55% do investimento financeiro no sector agrícola responde a intereses especulativos", que só teñen un obxectivo: o incremento dos beneficios…