| Cerco a Corrubedo |
| Plataforma Medioambiental de Corrubedo | |
| Martes, 11 de Decembro do 2007 | |
Tres piscifactorías xigantescas e unha macrodepuradora son os principais proxectos da Xunta para "protexer" unha das zonas máis valiosas do litoral galego, un Lugar de Importancia Comunitaria de máis de 9.000 hectáreas que quedará totalmente cercado.Corrubedo e o litoral que o rodea é unha das zonas con máis figuras de protección do litoral galego. Algunhas destas figuras son comunitarias, outras estatais e outras autonómicas, solapándose entre elas. A meirande destas zonas é a de Lugar de Interese Comunitario (LIC, Zona Natura 2000), que abrangue dende a Punta do Castro de Baroña (Porto do Son) á Punta Couso (Ribeira) e a totalidade da Illa de Sálvora. En total son 9.263 hectáreas, que loxicamente coinciden con outras figuras de protección nalgúns tramos, onde o máis salientábel son as áreas de dunas e lagoas, cantís e os fondos mariños. As figuras de protección son as seguintes:1-. Pertencentes á rede Natura 2000:
2-. Zona de Especial Protección dos Valores Naturais (ZEPN). Coincide co LIC e ten polo tanto 9.263 has. 3-. Parque Natural do Complexo dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán (Ribeira): 996, 25 has. É a zona máis coñecida, a da gran duna, e sempre está incluída nas outras figuras de protección. 4-. Humidal Protexido do Complexo de praias, lagoa e duna de Corrubedo (convenio internacional Ramsar): 982,90 has. 5-. Parque Nacional das Illas Atlánticas (parte da illa de Sálvora). As illas de Sagres, Vionta e Sálvora e adxacentes están tamén dentro do LIC. De toda esta zona, a máis virxe, a que carece de construcións, vai dende o pobo de Corrubedo ao Norte, ao límite do Concello de Ribeira co Concello do Porto do Son, na praia salvaxe de Espiñeirido (Corrubedo, Ribeira) e Seráns (Porto do Son). O LIC Complexo Húmido de Corrubedo é o único de toda a rede Natura 2000 en Galicia para o que hai licitado (decembro, 2006) un Plan de Ordenación de Recursos Naturais (PORN), cousa que terá que ter cada LIC da rede e para o que Corrubedo se pretende, en verbas da Consellería de Medio Ambiente, pór como exemplo. Este LIC só perde continuidade no cabo Corrubedo, zona totalmente virxe que incomprensíbelmente quedou fóra da zona protexida. Xusto na punta do antedito cabo (Punta dos Corvos), o Plan Sectorial de Parques de Tecnoloxía Alimentaria aprobado pola Xunta do PP en funcións (en plena campaña electoral) prevía unha piscifactoría de 325.000 metros cadrados. Esta foi botada abaixo pola Xunta actual, que segundo o presidente Touriño pretende ampliar a esa zona o LIC. O goberno actual pretendeu, fronte á oposición veciñal e ecoloxista, levar a dita piscifactoría a Baroña, cousa que tamén afectaría ao LIC e que foi rexeitada pola grande oposición veciñal. Pero habería un terceiro intento de montar esta itinerante piscifactoría. A revisión do dito Plan Sectorial, dado a coñecer este ano, o Plan Acuícola que está en trámites, desprazou a dita piscifactoría un par de quilómetros ao norte da Punta dos Corvos (primeira opción), á zona (tamén da parroquia de Corrubedo) coñecida como O Corgo, ou Laxe Brava no actual Plan. A súa extensión é de 308.000 metros cadrados, nunha zona de similares características cá anterior, e totalmente rodeada do LIC, que sospeitosamente é moi estreito nese lugar. Este mesmo verán, a Consellería de Medio Ambiente deu a coñecer un mapa coa previsíbel ampliación das zonas Natura 2000 –que o presidente Touriño citou en máis do 50%– que inclúe sorprendentemente a zona prevista para a piscifactoría do Corgo. Malia isto, o mapa non é definitivo. O LIC de Corrubedo, exemplo de xestión dos recursos que pretende facer a Xunta coa elaboración do PORN, é sen dúbida o máis agredido de todos os da costa galega. Na actualidade o Plan acuícola prevé tres piscifactorías (o plan non fala de depuración) e unha macrodepuradora que tamén verterá á zona todos os efluentes da cidade de Ribeira e outras parroquias. Os proxectos son (de norte a sur):
![]() Hai que dicir, que estes proxectos case nunca está fisicamente no LIC (que como dixemos foi feito de xeito tendencioso para deixarlles espazo), argumento da Xunta para dicir que protexen a natureza, mais todos lindan con el. De feito, os valados de piscifactorías como a da Laxe Brava, en Corrubedo, serivían paradoxalmente de lindes do espazo protexido. Todos e cada un supoñen xigantescos vertidos ás augas do LIC e unha agresión paisaxística sen precedentes nun espazo protexido comunitario. O dito, un cerco en tódolos sentidos. MÁIS INFORMACIÓN:Sobre os espazos protexidosSobre a desfeita de CorrubedoIntelectuais e artistas pola defensa de CorrubedoMarcha nacional contra o Plan Acuícola. Corrubedo 4N, 12hMáis textos sobre o de Corrubedo
| |
| < Ant. | Seg. > |
|---|

Tres piscifactorías xigantescas e unha macrodepuradora son os principais proxectos da Xunta para "protexer" unha das zonas máis valiosas do litoral galego, un Lugar de Importancia Comunitaria de máis de 9.000 hectáreas que quedará totalmente cercado.