Recadación executiva
Fernando R. Dacosta   
Luns, 10 de Decembro do 2007

 Joder! Carta do Concello. Que mala pinta me ten... Isto vai ser una multa... Dezasete anos de carné de conducir e nunca unha merda de multa... Mira que si é a primeira? Pois é!. Pero que día e onde di que eu estaba en dobre fila?

Joder! Carta do Concello. Que mala pinta me ten... Isto vai ser una multa... Dezasete anos de carné de conducir e nunca unha merda de multa... Mira que si é a primeira? Pois é!. Pero que día e onde di que eu estaba en dobre fila? Que va, isto esta mal. Non é o meu coche. Non pode ser. Que carallo faría eu ese día a esa hora nese sitio? Isto esta mal. Parece sempre que estas cousas pásanlle ao outros, e nunca vaite tocar a ti, e mira... Pero... Que va! Non é o meu coche. Hostia! Si so parei un anaco. Me cago en todo! Por que non o metería no aparcadoiro? Serei paifoco! Pois non vai quedar outra que pagala. Mira, se a pago agora descóntanme un anaco. Que cabróns!

Preséntome na Casa do Concello coa multa na man, disposto a pagala. Isto ten que ser en Recadación Executiva, o das multas sempre é en Recadación Executiva.

Chego a lonxa dentro da Casa do Concello, e atópome unha ringleira impresionante diante do mostrador de Recadación Executiva. Eu non fago mais que mirar para a multa. É unha cabronada. Teño que pagar unha multa, que vai ti sabe si é miña... Ben, si que é miña, pero so foi un momento... Pero, aínda por riba, esta ringleira de xente. Eu non aparto a vista da multa, e tódolos meus sentidos estan centrados, na mala sorte que teño, no desgraciado que son e en por que tiña que tocarme xusto a min, con a falta que me fan os cartos...

Sen quitar a mirada da multa, sigo esperando que a ringleira avance, mais un ruxe ruxe, empeza incomodarme nos oídos. É un balbordo ao lonxe, case que imperceptible, mais molesto. O volume da barafunda vai en aumento. Son laios! Laios e berros! Están a chorar! Parecen mulleres ao lonxe, berrando, chorando, laiándose, xemendo. Vai en aumento. É horroroso! Pero que lles pasa a esas mulleres? Deus, son uns berros dunha dor amarga fonda, moi fonda. Os choros, son choros de impotencia. Os laios, son laios de tristura, unha tristura desconsolada e abafante. Cada vez todo é mais claro, todo é mais perceptible. Nenas, rapazas, mulleres novas, vellas. Distínguense con moitísima claridade, unha claridade que so parezo percibir eu. Unha claridade con desacougo. Unha claridade negra. Unha claridade pesada como o chumbo. Unha claridade espesa e insoportable.

Berros e mais berros, choros, laios, eu non podo mais e teño que levantar a vista da multa, e mirar cara onde ben todo o algareo.

A miña dereita; a miña dereita atópome coa fría silueta de ducias de anónimas mulleres. Non pode ser! Mulleres mortas. Mortas por mans culpables, mortas por mans de homes que non son homes. Mortas por ser mulleres. Mortas e berrando xustiza! Mortas e chorando pola tardía xustiza, mortas e laiándose pola morte.

Siluetas de branca inocencia de ducias de mulleres que non poden estar na miña ringleira a pagar una merda de multa.


Fernando R. Dacosta
Sobre o autor ou autora:
Colaborador de altermundo.org
Ler máis >>
 
< Ant.   Seg. >