 En ocasión da vindeira sinatura, en Bos Aires, da Acta Fundacional do Banco do Sur, centos de movementos, redes, organizacións sociais e persoeiros de América Latina e do mundo están a entregar aos Presidentes de Arxentina, Bolivia, Brasil, Ecuador, Paraguai, Uruguai e Venezuela, unha Carta Aberta que expresa a súa expectativa ante a creación da nova institución financeira.
[Xubileo Sur] POR UN BANCO DO SUR ORIENTADO A UNHA MATRIZ SOBERANA, SOLIDARIA, SUSTENTÁBEL E INTEGRADORA PARA O DESENVOLVEMENTO DO CONTINENTE SEGUNDA CARTA ABERTA (Ver primeira carta) Aos Señores Presidentes de Arxentina, Bolivia, Brasil, Ecuador, Paraguai, Uruguai e Venezuela Coa nosa consideración: Por segunda vez dirixímonos a Uds. para expresar a enorme expectativa aberta nos nosos pobos pola iniciativa de creación do Banco do Sur. Anímanos tamén a resposta positiva de novos países de América do Sur, que manifestaron o seu desexo de participar do Banco do Sur. Os asinantes somos redes, organizacións e movementos sociais, sindicatos e académicas/cos, que vimos loitando contra o flaxelo da débeda pública ilexítima e das políticas e prácticas perversas das institucións financeiras internacionais existentes e do actual sistema de comercio mundial. Estamos convencidas/dos de que a decisión tomada de crear o Banco do Sur pode representar un enorme paso e oportunidade non só para América do Sur, senón que para América Latina e o Caribe como así tamén, outras rexións do Hemisferio Sur. Vimos dunha historia recente de loita contra as ditaduras en case que todo o continente. Isto explica o noso empeño en abrir e instituir novos espazos de participación e de democracia directa. Con todo, a forma pouco transparente e non participativa como se desenvolven a negociacións para a creación do Banco do Sur, sen debate público e sen consulta ás nosas sociedades, pode indicar que estamos fronte a algo que pode volverse máis do mesmo. É a nosa convicción que unha nova entidade financeira Sur-Sur debe orientarse a superar tanto as experiencias negativas de apertura económica –coa secuela de sempre maior endebedamento e drenaxe de capitais–, desregulación e privatización do patrimonio público e dos servizos básicos sufridos pola rexión, así como dos hoxe xa amplamente recoñecidos comportamentos non-democráticos, non transparentes, regresivos e desacreditados dos organismos multilaterais, como o Banco Mundial, o CAF, o BID e o FMI. A nosa historia recente mostrou que as súas opcións de política económica e socio-ambiental, impostas aos nosos gobernos a través de condicionalidades, resultaron en descapitalización e desindustrialización das economías da rexión, e aprisionáronas ao modelo agro-mineral-exportador, que frea o seu desenvolvemento e profunda a situación subalterna ás economías do Norte, as inequidades sociais, os danos ecolóxicos e as débedas "eternas" –financeira, histórica, social, cultural, ecolóxica. Coñecendo a importancia de que os países comprometidos até agora coa creación do Banco do Sur cheguen a un acordo sobre temas-clave relacionados coa súa natureza e obxectivos, a súa estrutura financeira e operativa, cremos esencial exporlles as proposicións seguintes, que expresan as aspiracións de amplos sectores das sociedades dos nosos países, de acordo á manifesta expresión dos seus principais axentes sociais consultados: 1. Que o Banco do Sur se oriente a promover unha nova matriz de desenvolvemento, cuxos valores fundamentais sexan a soberanía dos nosos pobos sobre o seu territorio e o seu propio desenvolvemento, a autodeterminación responsábel das nosas políticas económicas e socio-ambientais, a solidariedade, a sustentabilidade e a xustiza ecolóxica; que para o Banco, o desenvolvemento económico e tecnolóxico sexan concibidos como medios para o obxectivo superior que é o desenvolvemento humano e social; 2. Que a acción do Banco do Sur sexa determinada por metas concretas, como o pleno emprego con dignidade, a garantía da alimentación, a saúde e a vivenda, a universalización da educación básica pública e de balde, a redistribución da riqueza superando inequidades, até as de xénero e etnia, a redución das emisións de gases-invernadoiro, e a eliminación dos seus impactos sobre as poboacións do continente e os restantes pobos do Sur. 3. Que o Banco do Sur sexa parte integral dunha nova arquitectura financeira latino- americana e caribeña, que inclúa un Fondo do Sur, con función de Banco Central continental, capaz de articular un gran sistema de pagos continental coa máis avanzada plataforma telemática; capaz de ligar as políticas que promoven a estabilidade macroeconómica coas políticas de desenvolvemento e de redución das asimetrías estruturais; e contemple o desenvolvemento futuro dun sistema monetario común ao servizo dunha estratexia de fortalecemento de lazos económico- comerciais ao interior da rexión, introducindo intercambios con moedas nacionais, e traballando polo establecemento dunha moeda rexional polo menos para os intercambios intra-rexionais. A construción dun espazo de soberanía monetaria e financeira supranacional require dotarse de moita flexibilidade local, para evitar tentacións subimperialistas e o triunfo da ortodoxia monetarista en certos aspectos, como na experiencia europea recente. 4. Que o Banco do Sur sirva para recuperar valores relativos ás débedas histórica, social e ecolóxica, das cales os nosos pobos son acredores. Que os seus financiamientos busquen superar as asimetrías e desigualdades sociais e os danos ambientais que se perpetuaron desde hai máis de cinco séculos no continente. 5. Que o Banco do Sur contemple a participación das organizacións cidadás e os movementos sociais non só na elaboración da súa arquitectura orixinal, senón tamén na toma de decisións financeiras e operacionales e no monitoreo da utilización dos fondos adxudicados. 6. Que o Banco do Sur exerza a súa dirección de forma igualitaria entre os países membros, institucionalizando e mantendo o principio igualitario de "un socio un voto" en todos os seus niveis de decisión colexiada; e aspire a canalizar os recursos de aforro da mesma rexión. 7. Que as subscripciónss de capital do Banco do Sur sexan proporcionais á capacidade das economías dos seus países membros; que outras fontes de capitalización do Banco do Sur inclúan parte das reservas internacionais e empréstitos dos países membros, impostos globais comúns e doazóns. Deben ser excluídos os recursos financeiros das actuais institucións financeiras multilaterais e de Estados que perpetraron o saqueo do noso continente. Que estes dispositivos do Banco do Sur permitan o aumento crecente da aplicación das reservas dos países membros fóra do area do dólar e do euro, e alenten o retorno dos capitais nacionais depositados no estranxeiro. 8. Que o Banco do Sur estea comprometido coa transparencia na xestión, rendendo contas públicas do seu funcionamento e actividade, someténdose á auditoría externa permanente dos seus préstamos e do seu funcionamento interno con participación social. 9. Que, para que o Banco do Sur non sexa "máis do mesmo", pondérese en forma permanente a calidade, austeridade e eficiencia da administración, prohibindo calquera privilexio de inmunidade aos seus funcionarios, afirmada na máis plena transparencia informativa en tempo real e o control democrático e social da xestión. Para evitar gastos excesivos e desviacións burocráticas, constitúase un corpo de funcionari@s/compáct@s e, á vez, diversificado, eficiente, eficaz e administrativamente polivalente. 10. Que os préstamos sexan destinados á promoción dunha integración rexional xenuinamente cooperativa, baseada en principios como a subsidiaridade activa, a proporcionalidade e a complementariedade; financiando proxectos de investimento público; atendendo ao desenvolvemento local autoxestionario e impulsando o intercambio comercial equitativo e solidario entre labregos familiares, pequenos produtores, sector cooperativo e de economía social solidaria, comunidades indíxenas e tradicionais, organizacións socioeconómicas de mulleres, de pescadores, de traballo, de identidade, etc. 11. Que o Banco do Sur adopte como prioridade de investimento proxectos que se orientan á soberanía alimentaria e enerxética; investigación e desenvolvemento de tecnoloxías apropiadas ao desenvolvemento endóxeno e sustentábel da rexión, até os software libres; a produción programada e complementaria de medicamentos xenéricos; a recuperación dos saberes ancestrais dos nosos pobos, sistematizado e aceptado como ciencia agroecolóxica; a promoción da xustiza ambiental; o fortalecemento dos servizos públicos; o apoio ás vítimas de desprazamentos forzados; o fomento da comunicación e a cultura intra-rexional; a creación dunha universidade do Sur e un sistema de equivalencia de diplomas en toda a rexión; e a infraestrutura a partir doutras lóxicas de organización do espazo, que instrumenten as comunidades para o desenvolvemento local autogestionario e solidario. Que o Banco non reproduza o modelo de financiamiento das actuais institucións financeiras internacionais de construción de mega-obras destrutivas do medioambiente e a biodiversidade. 12. O Banco do Sur debe ser considerado como unha ferramenta esencial para custodiar e canalizar o aforro, rompendo os ciclos recorrentes de exacción do esforzo nacional e rexional a través de manobras e negociados co endebedamento e títulos públicos, o subsidio a grupos económicos e financeiros privados privilexiados e/ ou corruptos locais e internacionais, e o aval permanente a movementos especulativos de entrada e saída de capitais. Todo iso entendémolo en liña co destacado pola Declaración Ministerial de Quito do 3 de Maio pasado, ao sinalar que: "Os pobos deron aos seus Gobernos os mandatos de dotar á rexión de novos instrumentos de integración para o desenvolvemento que deben basearse en esquemas democráticos, transparentes, participativos e responsábeis ante os seus mandantes." Preocúpannos as sucesivas postergaciones da sinatura do acta fundacional, que poden indicar a existencia de indefinicións significativas. Esperamos que, nas negociacións para superar estas indefinicións, se tomen en consideración as proposicións desta carta. A actual conxuntura económica e financeira rexional e internacional segue favorábel para dar pasos concretos neste sentido, pero pode non prolongarse. Confiamos en que Vds. aproveitarán esta posibilidade histórica para crear o que poderá volverse un verdadeiro Banco Solidario dos Pobos do Sur. Saudamos a Uds. coa maior distinción. SINATURAS
AMÉRICA LATINA E O CARIBE
Rexionais Alianza Social Continental (ASC) Amigos de la Tierra América Latina y el Caribe Consejo de Educación de Adultos de América Latina (CEAAL) Consejo Latinoamericano de las Ciencias Sociales (CLACSO) Convergencia de Movimientos Populares de América (COMPA) Coordinadora Andina de Organizaciones Indígenas (CAOI) Federación Luterana Mundial, Programa de Incidencia sobre Deuda Externa Ilegítima Grito de los Excluidos/as Mesoamericano Jubileo Sur/Américas (JS/A) Justicia, Paz e Integridad de la Creación (JUPIC), Coordinación panamericana Observatorio Internacional de la Deuda en América Latina (OID) Organización Caribeña y Latinoamericana de Estudiantes (OCLAE) Plataforma Interamericana de Derechos Humanos, Democracia y Desarrollo - Iniciativa Mercosur Red Internacional de Género y Comercio- capítulo latinoamericano Red Latinoamericana de Mujeres Transformando la Economia (REMTE) Red Latinoamericana sobre Deuda, Derechos Humanos y Desarrollo (LATINDADD) Red Solidaria por los Derechos Humanos (REDH) Servicio Paz y Justicia en América Latina (SERPAJ-AL) Sociedad Latinoamericana de Economía Política (SEPLA)
Nacionais
Arxentina Asamblea de Pequeños y Medianos Empresarios (APYME) - Asamblea Permanente por los Derechos Humanos (APDH) Rosario - Asociacion Ambientalista EcoLa Paz (Amigos de la Tierra/Argentina), Entre Ríos, Anna Petra Roge de Marzolini, presidenta - Asociación Ex Detenido Desaparecido (AEDD) - Asociación Civil Cheeguera - Asociación de Ex Trabajadores y Familiares de Desaparecidos de Mercedes Benz – ATTAC - Cátedra Jauretche - Central de Trabajadores de Argentina (CTA) - Convocatoria No al CIADI, Sí a la Soberanía - Comisión DDHH de Paraguayos Residentes - Cooperativa "El Takellar" - CTA/ATE, Corrientes - Diálogo 2000/Jubileo Sur - Club de la Pluma - Economistas de izquierda (EDI) - Espacio Ecuménico - Espacio No –Deuda - Federación Judicial Argentina (FJA) - Kutymui- Interwichi - Liga Argentina de Derechos del Hombre (LADH) - Mate Amargo - Museo Che Guevara - Movimiento por la Paz, la Soberanía y la Solidaridad (MOPASSOL) - Movimiento Campesino Santiago del Estero (MOCASE) - Multisectorial de Solidaridad con Cuba - Movimiento por la Soberanía y la Integración de los Pueblos (MoSIP) - MoSIP/ Lanús - Red Eco Alternativo - Red de Organizaciones Indígenas, Chaco - Periódico El Espejo - Federación Juvenil Comunista/ Partido de Morón - Unión de Campesinos PORIAJHU - Adolfo Pérez Esquivel, Premio Nobel de la Paz y Presidente, Fundación Servicio Paz y Justicia - Nora Cortiñas, Mirta Baravalle, Madres de Plaza de Mayo Línea Fundadora - Pedro Peretti, Federación Agraria Argentina/ Secretario Relaciones Intncles y Secretario adj.Coprofam - Atilio A. Boron, Profesor titular, Fac. Cs. Soc. UBA - Marcelo Bagnati - Cristina Castello, Poeta y periodista - Antognazzi Irma, Directora del Grupo de Trabajo Hacer la Historia - Jorge Marchini, Profesor Titular de Economía (UBA), Coordinador del Observatorio Internacional de la Deuda (OID) - Ñancucheo Jorge - Meriem Choukroun, periodista - Eduardo Lucita, EDI - Economistas de Izquierda, Revista Cuadernos del Sur - Daniel Baigorria, Docente de Economía (UBA) - Raquel Abourachid - Alberto Croce, Fundación SES - Laura Interlandi - Juan A. Krzanowski Tali Karszenbaum - Cano Norma, Tucumán - Serra, Claudio - Pedro Resels- Economista - Julio Gambina (ATTAC) - Hugo Crosatto - Eduardo Macaluse, Dip. Nacional – Proyecto Sur – Comsión de Solidaridad con Cuba de Alt.Brown – Comisión de Asambleas Barriales por la recuperación de las privatizadas.
Bolivia Grito de los Excluidos - Movimiento Boliviano por la Soberanía y la Integración Solidaria de los Pueblos- Red de Mujeres y Minería - CONAMAQ
Brasil ATTAC Brasil - Auditoria Ciudadana de la Deuda/Jubileo Sur Brasil - CARE Brasil - Cáritas Brasil - Casa de América Latina - Centro Acadêmico Josué de Castro de la Universidade do Estado do Rio de Janeiro - E-Changer/Brasil - Esplar, Centro de Pesquisa e Assessoria - FASE/AM (Federação de Órgãos para Assistência Social e Educacional) - Fórum da Amazônia Oriental – FAOR - Fórum de Mulheres da Amazônia Paraense - FMAP - Fórum Estadual de Educação de Jovens e Adultos, Maria Alice de Paula Santos - Instituto Políticas Alternativas para el Cono Sur (PACS) - Rede Brasil sobre Instituciones Financieras Multilaterales - Rede Jubileu Sul Brasil - Rede Social de Justiça e Direitos Humanos - Sociedade de Defesa dos Direitos Sexuais na Amazônia (Sodireitos) - Socorro Damasceno , Sindsaúde (Sindicato dos Trabalhadores em Saúde) – Walter Baior,Transtorm - Joana P. E. - FEPS/PA (Fórum de Economia Popular Solidária) - Socorro Pereira, ASWOP - Maria Luisa Mendonça, Rede Social de Justiça e Direitos Humanos - Nasia Mansoor, Comitê pela Anulação da Dívida do Terceiro Mundo - Jean Michel Aupoint, União dos Trabalhadores Guianenses (UTG) y Organisation Guinéenne des Droits de l’Homme (OGDH) - Cândido Grzybowski, Instituto Brasileiro de Análises Sociais Económica (IBASE) - Roseli Macedo Silva, Central dos Movimentos Populares (CMP) -José Paulo Guedes Pinto - ATTAC Brasil - Antonia Soares Salgado, Marcha Mundial das Mulheres - Maria Luiza de Carvalho Nunes, Centro de Estudos e Defesa do Negro no Pará - Tárzia Medeiros, Marcha Mundial de las Mujeres e Asamblea Popular - Leonardo Boff, teólogo -Dom Waldyr Calheiros, obispo emérito de Volta Redonda, RJ.
Chile Comisión Etica contra la Tortura, IX región - Eduardo Letelier, Economista CETSUR - Identidad Territorial Lafkenche - Revista Economía Crítica y Desarrollo - Rev. Fred Morris, Presidente Companheir@s da Fe das Americas - Marta Harnecker, escritora - Georgina Aceituno Saavedra, Lic. Antropología Social, Magister Cs. Soc., Santiago - Aldo Vidal
Colombia Asociación Nacional de Empleados del Banco de la República ANEBRE - Campaña Nacional "En Deuda con los Derechos" - Censat Agua Viva - Centro de Estudios Escuela para el Desarrollo (CESDE) - Federación de Prosumidores Agroecológicos "agrosolidaria” - Federación Nacional de Sindicatos Bancarios - Jubileo Sur Colombia - Marcha Mundial de Mujeres de Colombia - Mesa de Mujeres y Economía - Organización Futuro Popular Colombia - Red de Mujeres Transformando la Economia - Colombia (REMTE) - Unión Nacional de Empleados Bancarios - Dário Bossi -Missionários Colombianos - Kihili zafra kunturpillku khamaqshiani - María Adela Santander Rivera, Mesa Mujer y Economía - Martha Lucia Bernal, CESDE - Victor Segura Docente U. Externado
Cuba Centro Memorial Martin Luther King Jr. - Jubileo Sur Cuba - Joel Suárez, Director del CMMLK Armando Chaguaceda, politólogo e historiador, Universidad de la Habana
Ecuador CADTM-Ecuador - Grupo Nacional de la Deuda - Confederación de los Pueblos de Nacionalidad Kichua del Ecuador (ECUARUNARI) - Jubileo 2000-Red Guayaquil - Proyecto Comunitario Bastion Popular, Andres Mendoza Reynoso, Ecuador - Dario Cervantes, Ecuador - Margarita Aguinaga, Refundación Socialista
O Salvador Red de Acción Ciudadana frente al Comercio e Inversión, SINTI TECHAN Guatemala Mesa Global
Haití Plataforma de Acción para un Desarrollo Alternativo (PAPDA)
Honduras Bloque Popular Hondureño - Coordinadora Nacional de Resistencia Popular - Pedro Marchetti, S.J., Instituto Centroamericano de Espiritualidad
Nicaragua Centro de Estudios Internacionales
México Red Mexicana de Acción contra el Libre Comercio (RMALC) - Hector de la Cueva - RMALC/ASC Dr. Carlos Marichal, El Colegio de México - Jorge Castañeda Zavala, Instituto de Investigaciones Dr. José María Luis Mora, México - Víctor Isidro Luna
Paraguai Iniciativa Paraguaya por la Integración de los Pueblos - Capítulo Paraguayo de la ASC - SOBREVIVENCIA/Amigos de la Tierra - Rolón Centurión, Santiago
Perú Alianza Social Continental, Capítulo Perú - Marcha Mundial de Mujeres -Coordinadora Andina de Comunidades Afectadas por la Minería (CONACAMI)
República Dominicana Centro Cultural Dominico-Haitiano – CONAMUCA – FUNDELOSA – Indajoven - Grupo de Investigación para la Acción Comunitaria Inc. (GRIPAC) - Consorcio Mundo Joven
Uruguai Comisión Ciudadana por una Auditoría de la Deuda - Grupo Historia y Memoria - Red Solidaria por los Derechos Humanos (REDH) - REDES Amigos de la Tierra
Venezuela Alianza Social Continental, Capitulo Venezuela y su Red de Misiones Sociales - Cátedra sobre Desarrollo Humano Hernán Méndez Castellano, de la UCV - Coalición de Tendencias Clasistas FSBT, Fuerza Socialista Bolivariana de los Trabajadores/as y sus sindicatos miembros: Movimiento de Trabajadores "Alfredo Maneiro” - Nuevo Sur SUDACA - Manuelita Sáenz (MOMUMAS) – FETRAELEC – FEDEPETROL – SINUTRAPETROL – FETRAHIDROCARBUROS – FENASIRTRASALUD – FENTRASEP – FETRATEL – FENATRABEA – FETRAHARINA – FETRAUVE – FENATRAU – FENASINPRES – SINAFUM – FENACS – SINASOICA - SUTIC SOVICA – SINTRAT – SUTRADIMECA - SUNEP-ME - SUNEP-IPASME - SUNEP-INAM SUNTRASANAF- SINTRADELI – SINTRAVISEP – SINTRAPEL – VENECARTOREN – SINTRAGALLETA – SIPROPASTA – SINSBOLTRAPROEFE – SUNTRASAVIR - SITRAMECA HOSPITALES Y CLINICAS – SINTRAHARINA – MANPA – SINTRAEM - SINTRAPLASTICO - SITRALACASA – OSPROTRABODIGAS – SINTRAFERROMINERA - OUSINTRAEXTRUTEX - USINTRAEMBUTIDOS - SIUT-MINFRA – SUNTRAUNELLEZ – ATAUSIBO - SITRAUNERG - SINTRABECO –SINBOTRAEMELEC – SINTRAVALORES – SUNTRABMERCAL - SINATRACIBI - Diego Luis Castellanos, ex- Presidente del Banco Central de Venezuela - Julio Escalona, coordinador Cátedra sobre Desarrollo Humano Hernán Méndez Castellano, de la UCV
ADHESIÓNS DO RESTO DEL MUNDO
Global – Internacional Alianza Internacional de los Habitantes - Comité por la Abolición de la Deuda del Tercer Mundo (CADTM) - Jubilee South (JS) - Observatorio Internacional de la Deuda (OID) - Red Internacional de Género y Comercio (IGTN) - Luis Guillermo Pérez, Director General FIDH (Federação Internacional de Direitos Humanos) - Oxfam Internacional
África African Network on Debt and Development (AFRODAD) - Foro sobre la Deuda Externa(FODEX), República Democrática del Congo - ATTAC Marruecos - Niampa Boukary - Soren Ambrose, Solidarity Africa Network, Nairobi - CADTM Senegal - CADTM Lubumbashi (RD Congo) - APASH Congo Brazzaville - RNDD Níger - KENGO Kenia
Asia e o pacífico Freedom from Debt Coalition (FDC), Filipinas - Indian Social Action Forum (INSAF), India- International NGO Forum on Indonesian Development (INFID), Indonesia - Migrant CARE, Jakarta Indonesia - Koalisi Anti Utang (KAU)/ Anti Debt Coalition Indonesia - Attac Japón -Jubilee Kyushu on World Debt and Poverty (Japón) – BanglaPraxis and Solidarity Workshop, Bangladesh - Community Development Library (CDL), Bangladesh - Luta Hamutuk Istitute - Timor Leste - Focus on the Global South India, Thailand and Philippines offices - Jubilee Australia - Smitu Kothari, Director Intercultural Resources, India - Wim Polman, Regional Development Officer, FAO Regional Office for Asia and the Pacific - VAK India - CADTM Pakistan - AGAS Siria - CAD Mali
Europa, Canadá e EE.UU. European Network on Debt and Development (EURODAD) - Debt and Development Coalition, Ireland - France Amérique Latine – Francia - TNI - The Transnational Institute, Amsterdam - Common Frontiers, Canadá - Global Exchange, EE.UU - Noviolencia International, Washington, DC, EE.UU - CADTM Francia - CADTM Suiza - Asociación A Sud – Italia - World Economy, Ecology & Development (WEED), Alemania - Olivier Grobert, Fundador de la red de organizaciones D'Humanitaire.ws, Suiza - Ing. Econ. Gustave Massiah, fundador AITEC Association In ternationale de Techniciens, Experts et Chercheurs, Paris - Plate-forme Dette & Développement, France - Olivier Bonford -CADTM, Bélgica - Eric Toussaint, Doctor en Historia y Presidente del Comité por la Abolición de la Deuda Externa (CADTM), Bélgica - Begoña Agiriano, Profesora de la Universidad del País Vasco - Eric Berr, economista, Francia - Gérard Dumenil, economista, Francia - Enrique Cueto, Sociólogo Universidad Libre de Bruselas, Bélgica - Francois Houtart, CETIM Bélgica Alexander Buzgalin, Alternatives, Rusia Para comunicarse co Xubileo Sur/Americas: \n
Este enderezo de correo-e est protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
Este enderezo de correo-e est� protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver |