Voces de Comunidades afectadas por el Cambio Climático
Amigos da Terra   
Luns, 10 de Decembro do 2007

 Co motivo do día da Acción Global polo Clima que se vai a celebrar en varias cidades do mundo o vinceiro día 8 de decembro, coincidindo coa Conferencia das Nacións Unidas sobre Cambio Climático en Bali, Indonesia (3-14 do 12/2007), Amigos da Terra quere dar a coñecer a última publicación de Amigos de la Tierra Internacional titulada "Voces de Comunidades afectadas polo Cambio Climático".

Na mesma recóllense testemuñas de xentes de varios puntos do globo tanto do Norte coma do Sur, que expresan os impactos do cambio climático nas súas vidas. Son nove escritos dende Mali, Swasilandia, Perú, Reino Unido, Malasia, Honduras, Brasil, Tuvalú, Australia, falan indíxenas, autoridades locais, labregos, pescadores... A crise climática que enfrenta hoxe ao Planeta provoca efectos irreversibles en moitos ecosistemas e agudiza os conflictos tanto sociais coma os económicos.

O cambio climático deixa ao descuberto a cada segundo a fraxilidade do sistema económico reinante, que demanda sen medida combustibles fósiles como o petróleo e o carbón, principais fontes de gases efectos invernadoiro. Esa causa xeral, ten unha enorme expresión no consumo desaforado do Norte, algo que se nega con cinismo, pero que urxe denuncialo.

Para parar o Cambio Climático é imprescindible que ao mesmo tempo se reduza a produción de bens de consumo, e nós coma consumidores temos moito poder de decisión.

Fagámonos responsables. Paremos o cambio climático.

Máis información no noso teléfono: 988 374318

Para consultar a publicación: www.amigosdaterra.net

 
< Ant.   Seg. >