| Amarante e Verdegaia unen esforzos |
| Amarante/Verdegaia | |
| Luns, 10 de Decembro do 2007 | |
|
Amarante e Verdegaia asinan un acordo de colaboración a nivel nacional para traballar conxuntamente estratexias para promover un cambio na sociedade galega baseada na sustentabilidade ecolóxica e a xustiza social.
Vivimos tempos de crise ecolóxica global, aumento das desigualdades e erosión das liberdades, tempos de dominio das empresas transnacionais, de imposición do mercado sobre persoas, pobos e Estados, sobre especies, espazos e biosfera. Todo está á venda ou así se pretende, todo é submetido á procura do beneficio, do lucro, da acumulación de cada vez máis riqueza en cada vez menos maos. Crise ecolóxica global, pobreza, guerra global permanente, control social... están interrelacionados e teñen causas estruturais cunha mesma orixe: ese industrialismo que hoxe coñecemos en forma de globalización capitalista/neoliberal. Un sistema antropocéntrico, etnocéntrico e patriarcal; curtopracista, produtivista e tecnoentusiasta; ambiental e socialmente devastador; insustentábel e autodestrutivo. Cumpren cambios globais, estruturais, colectivos… pero tamén locais, parciais, individuais. É necesario mudar hábitos, políticas e regras de xogo e isto só será posíbel con cidadanías fortes, organizadas e sensibilizadas, responsábeis, que pensen globalmente e actúen tanto local como globalmente. Promover unha transformación social e global baseada na sustentabilidade ecolóxica e a xustiza social requer cidadanías fortes. Construír unha cidadanía forte implica fuxir do localismo e a atomización; autoorganizarse e tecer redes, nacionais e transnacionais; desenvolver un traballo rigoroso, de cualidade e viábel, que supere o voluntarismo; xerar sinerxías que melloren a capacidade de análise, denuncia, difusión, mobilización, presión e desenvolvimento de alternativas. Coa sinatura deste acordo de colaboración, ambas organizacións, con idearios próximos e análise da situación semellantes, unha desde a cooperación internacional e a outra dende o ecoloxismo social inician un plan de traballo conxunto no que se aposta pola necesidade de construir unha cidadanía galega concienciada, crítica e independente fuxindo do localismo e a atomización coa finalidade de aumentar a capacidade de traballo, incidencia e presión política. Actividades conxuntasEntre algunhas das actividades que se van a por conxuntamente en marcha está o local de Ourense que se inaugura este luns 10 de decembro que será local social das dúas organizacións e tamén terá tenda de comercio xusto de Amarante. Tamén estase a traballar en campañas conxuntas de sensibilización de denuncia como a Campaña Roupa Limpa, soberanía alimentaria e o comercio internacional das madeiras. Entre as dúas asociacións aglutinamos más de 500 activistas no eido galego, unha cantidade que nos consideramos importante vendo o problema do minifundismo e a falta de organización da sociedade galega e que animamos a outras organizacións que dende a independencia a construcción dun tecido asociativo forte sigan os nosos pasos. |
| < Ant. | Seg. > |
|---|
