| Venezuela: a hora de dicir si |
| Rafa Villar | |
| Sbado, 01 de Decembro do 2007 | |
Unha opción diferente á vitoria do SI no referendo de reforma constitucional sería unha dolorosa labazada para o avanzo do proceso bolivariano en Venezuela, o que á súa vez tería unha gran repercusión noutros países da área que como Bolivia, Ecuador ou Nicaragua comparten horizontes estratéxicos.SEGUIMENTO DO REFERENDO EN VENEZUELA: Seguimento en Rebelión | Seguimento en Aporrea | Seguimento na Axencia PúlsarSeguimento na Axencia Bolivariana de Noticias | Seguimento en Telesur
O que ten que decidir a sociedade venezolana é unha reforma constitucional que afonda en diversos aspectos sociais, políticos e económicos, nunha liña de ruptura clara co pasado e de superación dun modelo político e económico que condenaba a millares de cidadáns á miseria e á exclusión social. Se cadra nunca unha reforma tivo un carácter tan revolucionario. Ou se cadra nunca unha revolución foi tan reformista. Sexa como for, o proceso político que vive Venezuela, baixo o liderado de Hugo Chávez, parece ser un proceso imparábel, que avanza cara a unha mudanza fonda e radical das súas estruturas. Nese percorrido, que é acompañado pola maioría social do pobo venezolano, a reforma constitucional que se somete a referendo o día 2 de decembro é un paso fundamental e decisivo. Xa non só polos seus contidos, que desde logo son importantes, senón tamén pola validación nas urnas do proceso de cambio radical que vive Venezuela, baixo a epígrafe de “socialismo do século XXI”. Tal proceso, non exento de contradicións, está a ser enfrontado abertamente por sectores da sociedade venezolana, partidarios do “antigo réxime” e tutelados sen case disimulo polos EEUU. Certo é tamén hai outros sectores que desde posicións pretendidamente de esquerdas se están a opoñer a esta reforma constitucional, mais non son nin moi numerosos nin os que están a crear o rebumbio mediático ao que asistimos día tras día. O que non deixa de resultar estarrecedora é a unanimidade con que os medios de comunicación do noso contorno se manifestan á hora de avaliar o que acontece en Venezuela, mesmo tentando restarlle lexitimidade democrática ao presidente Chávez, curiosamente o único do mundo que se someteu a un referendo revogatorio e que gañou por maioría avultada. Nese perverso ‘pensamento único’ van tamén da man tanto o PSOE como o PP, valedores do afán de lucro das transnacionais españolas no continente americano. Así, é manifesto o interese existente en derrocar a Chávez e en esfarelar o proceso bolivariano no país caribeño, proceso que hoxe por hoxe é máis ca nada un intento de crear o chamado ‘estado de benestar’ en Venezuela. E a reforma constitucional en debate é apenas unha plasmación diso, xa que a través dela como instrumento político se avance en dereitos sociais e políticos, mais non se fai unha ruptura total coas estruturas do capitalismo operante. De feito, todas as mudanzas que se veñen facendo en Venezuela nesta década de proceso bolivariano están a ser ben graduais, o que non deixa de xerar contradicións no devandito proceso. Unha opción diferente á vitoria do SI no referendo de reforma constitucional sería unha dolorosa labazada para o avanzo deste proceso, o que á súa vez tería unha gran repercusión noutros países da área que como Bolivia, Ecuador ou Nicaragua comparten horizontes estratéxicos, con gobernos liderados por unha esquerda transformadora, que defende con unllas e dentes a súa soberanía e o ensaio dun tipo de sociedade diferentes, na que prevalezan os valores socialistas. O pobo de Venezuela, máis unha vez, ten a palabra e a voz. O que decida vai ter un significado político a escala planetaria. Os ollos do imperalismo norteamericano non deixan de mirar para alí. Nós tampouco non o deixamos de facer. *Rafa Villar é escritor e responsábel do Departamento de Normalización Lingüística da CIG. Máis artigos... |
| < Ant. | Seg. > |
|---|

Unha opción diferente á vitoria do SI no referendo de reforma constitucional sería unha dolorosa labazada para o avanzo do proceso bolivariano en Venezuela, o que á súa vez tería unha gran repercusión noutros países da área que como Bolivia, Ecuador ou Nicaragua comparten horizontes estratéxicos.
O vindeiro 2 de decembro o pobo venezolano ten unha nova cita, inescusábel, coa Historia. Coa súa propia e coa dun continente que comeza a sacudirse, tras anos de ser pasto de agresivas políticas de corte neoliberal, que agudizaron os casos de pobreza nas poboacións do vasto territorio que se coñece co nome de América Latina.