| A pelotada do premio Nobel da paz |
| Altermundo | |
| Domingo, 28 de Outubro do 2007 | |
|
PASCUAL SERRANO, CREADOR DE REBELIÓN.ORG, PARTICIPOU O 15 DE OUTUBRO NO SIMPOSIO ‘POBRE MUNDO RICO’ EN SANTIAGO, FALANDO DA PRENSA DIXITAL. EL MESMO MANTÉN UN BLOG, DO QUE ESTA TIRADO ESTE ARTIGO.
Se o noso sistema social está tan preocupado polo cambio climático e o documental é tan bo poderían regalalo co xornal en lugar duns garfos tortos, unha película de acción ou un reloxo. Déronlle o Premio Nobel a un tipo que fixo un documental que se supón que nos conciencia dun gran problema que nos afecta a todos, pero que o vende en lotes de trinta mil por 580.000 euros. Ademais, segundo a lexislación imperante e os criterios decididos polo autor do vídeo e a súa produtora, o cidadán que baixe ese documental co ‘Emule’ non sabemos se rematará concienciado do cambio climático, pero estará cometendo un delicto penal. Nin interese social do documento nin nada, a policía levarase detido a un inmigrante que se lle ocorra vender copias piratas da verdade incómoda na Gran Vía. Por facer un documental e vendelo en remesas de 580.000 euros danche un Nobel, pero por difundilo na rúa a dous euros métenche na cadea. Concederon o Nobel da Paz a unha persoa por facer unha reportaxe de interese público pero que, por razóns comerciais e empresariais, non pode estar no Youtube, nin noutra web de acceso de balde, nin compartir polas redes P2P, nin emitirse polas TV públicas, nin venderse copias caseiras porque estaría violando as leis do comercio, que, ao parecer, están por riba do interese social dun documental que converteu en Nobel ao seu autor. Cheguei á conclusión de que, unha de dúas, ou o Premio Nobel é só unha boa operación de márketing para vender dvd´s, ou no capitalismo ten maior interese pagar os dereitos de propiedade do documental que difundir o suposto contido social que advirte e sensibiliza do cambio climático. Aínda que, pensándoo ben, quizais sexan as dúas cousas. | |
| < Ant. | Seg. > |
|---|

O goberno español vai pagar 580.000 euros por 30.000 copias para distribuír nas escolas o documental Unha verdade incómoda, do Nobel da Paz Al Gore. Todo un pelotazo para o premiado e a multinacional estadounidense Paramount, propietaria dos dereitos. Venderon dunha vez 30.000 copias dun documental ao respectábel prezo de case 20 euros cada unha. Non me estrañaría que pidan unha cantidade similar aos colexios de Haití ou de Somalia. Un documental que, se de verdade o seu precursor estaba tan interesado por difundir, e tanto axuda a concienciar do problema do cambio climático –déronlle o Nobel por iso– podería estar dispoñíbel en Internet e velo dende os colexios sen mercar nin o dvd nin os dereitos, e de paso tamén calquera outro cidadán. Ou algo tan sinxelo como emitilo na TV pública en horario escolar no canto de Gran Hermano e que os colexios, e quen queira, acendan a TV por indicación dos responsábeis educativos..jpg)