| Pecha en Galicia o maior debate contra a pobreza e a prol do cambio global |
| Marga Tojo | ||||
| Venres, 30 de Novembro do 2007 | ||||
VER TAMÉN: ESPECIAL POBRE MUNDO RICO EN ALTERMUNDO.ORG ![]() O ser humano, tan capaz como é de cometer desde insignes estupideces até as máis infames atrocidades, logra por primeira vez a converxencia de movementos sociais tan dispares como o ecoloxismo, o feminismo, o zapatismo, o sindicalismo, e outros ismos globais de desigual antigüidade e razón para loitar contra o que François Houtart denominaría inimigo común: o sistema neoliberal. A novidade é, non obstante, paradoxal, pois singulariza a busca de alternativas contra o monstro tentaculizado globalmente polo propio aparato censor elixido democraticamente nas sociedades ricas, segundo os criterios de mercado. Vinte e cinco anos despois do Consello de Wáshington e dez despois da caída do Muro de Berlín, as posturas comezaron a estar claras. En seis anos, naceron máis de trescentas inciativas sociais aunadas baixo o paraugas totalizador -como lle gustaría chamalo á profesora Helena González- da loita contra "o sistema máis inutil para a humanidade que a sociedade creou". A frase é do teólogo da liberación e director do Centro Tricontinental que antes citabamos.
En roda de prensa previa á clausura, que tivo lugar ás 19.30 horas na Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago de Compostela, a directora do Club Internacional de Prensa e impulsora do simposio, Carmen Carballo, destacou a "tremenda complicidade dos mal chamados países ricos na situación de desigualdade mundial" e agradeceu a presenza de ambos os dous intelectuais "malia a axenda tan apertada que teñen". Para Houtart, o feito de América Latina liderar a posta en práctiva dos movementos alternativos responde en boa medida á cercanía do centro do imperio -ou sexa, de Estados Unidos-. "Non esquezamos que é un continente que leva calado cincocentos anos", apunta Betto, quen considera que a teoloxía da liberación non callou no Estado español por esa ausencia de opresión que viviu Latinoamérica. Mais, segue vivo este movemento cristián? Como di Gustavo Gutiérrez "Se houbo funeral, esqueceron convidarme". De feito, na base da Igrexa -ou na Igrexa de base, é dicir, na non oficial, na non vaticana-, "xorden movementos próximos a estas teses, como a teoloxía feminista, que o Vaticano tamén persegue", apunta Houtart. O mundo comeza a entrar nunha nova perspectiva de construción antiimperialista e antineoliberal que intentan reorganizar social e economicamente a sociedade e, ademais, devolverlle a voz e o poder a quen lle corresponde. O 80% das riquezas mundiais non poden estar en mans do 20% da poboación, conclúen. POLO SOCIALISMO DO SÉCULO XXI"Por primeira vez o mundo atenta en masa contra a natureza" En que se diferencia o socialismo español ou o socialismo europeo do socialismo do século XXI, tal como o bautizou o presidente de Venezuela Hugo Chávez? "O europeo limítase a intentar conservar os logros conseguidos en cento cincuenta anos", responde François Houtard. "A un socialismo que defende os intereses do capitalismo na súa política exterior non se lle pode chamar así", continúa. É a incongruencia, a perversidade ou o desleixo do socialismo de Francia cando lle cede un presidente ao Fondo Monetario Internacional, que demostra como na socialdemocracia europea non hai espazo para atentar contra as bases do neoliberalismo. Por primeira vez, a humanidade atenta en masa contra a natureza. Mentres, en Latinoamérica comezan a proliferar as iniciativas contrarias á lóxica do capital. En Bolivia recupérase a a soberanía sobre os recursos naturais ao pasar nun ano dun 18 por cento as un 82 por cento. "Unha situación tendente á estabilidade, mais aínda vulnerábel", apunta o teólogo francés. O socialismo do século XXI "non ten nada de prefabricado, de presuposto", estase a construír de novo. Por iso Houtard chama a "falar máis do contido que da palabra", para lograr a creación de algo novo. Lula da Silva, o presidente do Brasil, por exemplo, abandonou o socialismo de modelo daquilo que se di "a primavera democrática en América Latina" para asumir o criterio neoliberal na súa política interna, malia manter unha política exterior afín e "imprescindíbel" á causa. A palabra máis repetidaOs máis de oitenta conferenciantes foron claros: a existencia dun mundo dicotómico de pobreza e de riqueza baséase nun único modelo pernicioso: o neoliberalismo.
De acordo, nós respectamos, somos os que máis coidamos o medio; pero a Repsol entra a perforar e a contaminar dentro do mesmo parque desde hai anos impunemente". Hoxe Morales, cauteloso dirixente, conseguiu emitir un decreto de regociación de licenzas de explotación das gasísticas e petroleiras que lles outorgarán ás empresas entre un 20 e un 30% das regalías, en lugar do 72% actual, por explotar uns recursos que, non hai que esquecer, lles pertencen ao Estado e aos cidadáns. Non en van, como diría o director de Le Monde Diplomatique para o Cono Sur, Carlos Gabetta, América Latina estase a afianzar como "o laboratorio social máis interesante do Planeta", coa ascensión dunha nova esquerda imaxinativa e preocupada en evitar modelos caducos, que traballa por agrupar o respecto cultural, ambiental, e a protección social coa explotación equitativa e xusta dos recursos desde dentro. E sobre isto falouse longo e tendido no simposio, marcado, ademais, pola polémica entre Chavez e o Rei, como se dun designio do fado se tratase. Se fixeramos un cómputo coas palabras pronunciadas no simposio, sen dúbida, neoliberalismo sairía como a máis repetida. Mais que é o neoliberalismo? Un conxunto de políticas económicas que se difundiu nos últimos 25 anos. Aínda que o termo se utiliza moi pouco en Estados Unidos, os seus efectos pódense apreciar claramente no enriquecemento dos ricos e o empobrecmento dos pobres. En Estados Unidos, o liberalismo político obrou como estratexia para impedir conflitos sociais, e é presentado á clase pobre ou traballadora como "progresista" en comparación co pensamento conservador ou dereitista. O liberalismo económico é diferente. Os políticos conservadores que din odiar os "liberais" (no sentido político) en realidade non teñen problema co liberalismo económico, incluído o neoliberalismo. "Neo" significa un novo tipo de liberalismo. Entón, que hai de novidoso? A escola do liberalismo económico fíxose famosa en Europa cando Adam Smith publicou en 1776 A riqueza das nacións, no que promovía a abolición da intervención gobernamental en asuntos económicos: non ás restricións á manufactura, non ás barreiras ó comercio, non ós aranceis. O libre comercio era, segundo Smith, a mellor forma de desenvolvemento da economía dunha nación. Tales ideas eran liberais no sentido de que promovían a ausencia de controis. Esta aplicación do individualismo estimulou a libre empresa e a libre competencia, é dicir, que os capitalistas puideron acumular riquezas sen límites. O liberalismo económico prevaleceu en Estados Unidos durante todo o século XIX e a principios do XX. Logo da Gran Depresión dos anos 30, John Maynard Keynes elaborou unha teoría que desafiou o liberalismo como a mellor política para os capitalistas. En esencia, Keynes sinalou que o pleno emprego é necesario para o crecemento do capitalismo, e que só pode lograrse coa intervención dos gobernos e os bancos centrais. Estas ideas tiveron grande influencia sobre o New Deal (Novo Trato) do presidente Roosevelt, que mellorou as condicións de vida de moitas persoas. Así, a crenza de que o goberno debía promover o ben común foi amplamente aceptada. Con todo, a crise ou redución de ganancias que viviu o capitalismo nos últimos 25 anos inspirou á elite empresarial a revivir o liberalismo económico. Isto é o que o fai "neo" ou novo. Agora, coa globalización da economía capitalista, o neoliberalismo practícase a escala mundial. Unha memorábel definición deste proceso foi a ofrecida polo subcomandante Marcos, no Encontro Intercontinental pola Humanidade e contra o Neoliberalismo, realizado en Chiapas (México) en agosto do 1996 cos auspicios do movemento zapatista: "O que a dereita nos ofrece é converter o mundo nun gran centro de compras onde se poden adquirir indíxenas aquí, mulleres alá", e podería agregar "nenos, inmigrantes, obreiros e até un país enteiro como México". Poder: o mercado é quen gobernaLiberación das empresas privadas de calquera control imposto polo Estado, sen importar canto dano social iso produza. Maior apertura ao comercio e ao investimento internacionais, como no Tratado de Libre Comercio de América do Norte (TLCAN). Redución de salarios mediante a "desindicalización" dos traballadores e a supresión de dereitos laborais obtidos tras longos anos de loita. Eliminación dos controis de prezos. En definitiva, liberdade total para o movemento de capitais, bens e servizos. Para convencernos de que isto é bo din: "Un mercado desregulado é a mellor forma de aumentar o crecemento económico, que en definitiva nos beneficiará a todos". Este concepto equivale á economía do "goteo" de Ronald Reagan, só que a riqueza non pinga demasiado. O moderno colonialismo económico e outros destapesDurante dous meses, Compostela converteuse no centro neurálxico da trama ideolóxica contra as argucias do modelo económico imperante. Anunciaba onte o ex subdirector xerente do Fondo Monetario Internacional Eduardo Aninat que o desafío debía ser "romper" coa existencia de dous mundos que "subsisten, se observan e navegan tocándose, pero sen darse": o de case medio mundo que non dispón de máis dun ou dous dólares ao día e o da opulencia. Que xa hai que botarlle fociños, que diría o pai de quen escribe. E senón que llelo digan aos do Comité para a Abolición da Débeda do Terceiro Mundo, cuxo secretario xeral, o economista Olivier Bonfond (con foto, abaixo á dereita) anda estes días no Congo a argallar o preito contra o Banco Mundial por crimes contra a humanidade que puxo en marcha a súa organización. Esta demanda de ilegalización da entidade monetaria baséase no seu carácter antidemocrático de tipo estatutario. A débeda converteuse nun mecanismo moi sutil de dominación e no medio dunha nova colonización, que impide todo desenvolvemento humano duradeiro no Sur. A iniciativa de alixeiramento da débeda, lanzado con espectacularidade polo G/7, o FMI e o Banco Mundial, baixo a presión da máis grande petición da Historia (24 millóns de firmas recollidas entre os anos 1998 e 2000) mostrou os seus límites. Durante dous meses, Compostela foi o centro do maior debate sobre pobreza, neocolonialismo e desigualdade social, no que decenas de expertos internacionais urdiron a trama que destapa as argucias máis sagaces do neoliberalismo. Caras brancas e traxe negro, como personaxes tiradas do teatro xaponés, mais baixo o prisma revolucionario das compañías de rúa. Así se presentaban hai pouco as Loucas de Pedra Lilás -loucas de remate coa cor violeta do xénero- grupo emblemático do Brasil encargado de inaugurar o día un de outubro o simposio internacional "Pobre Mundo Rico" cun espectáculo de denuncia creado para a ocasión. Era o singular arranque de dous meses de intensa actividade na procura de alternativas. E finalmente, todas as solucións apuntaban á creación dun novo escenario universal, dun novo socialismo moito máis incisivo e real que os que até agora coñecemos. Os mellores exemplos? En América Latina. E chegaron as Loucas
Absolutamente pesimista O catedrático de socioloxía José María Tortosa era o primeiro conferenciante que respondía sen optimismo: "Son absolutamente pesimista neste punto. Están os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio, por exemplo, que non poden ser máis moderados, máis modestos, e que non se van cumprir. Recoñéceo o Banco Mundial, recoñéceo Nacións Unidas... Non hai nin haberá interese político para facelo". Voces así son tamén moi necesarias. A democracia é un eufemismo "A democracia é un eufemismo que permite, en nome do libre mercado, dominar petos, corazóns e mentes, con mitos como a promesa de que o sistema fará posíbel globalizar o nivel de consumo dos países ricos ou a consigna do crecemento económico ilimitado". É a certeza do coordinador xeral do Instituto de Políticas Alternativas para o Cono Sur, Marcos Arruda, divulgador dun tándem irrenconciliábel para a nosa ideosincrasia conceptual do Norte: a economía solidaria. Todo e todos somos negocio O noso catedrático de estrutura económica advertía en Vigo do dobre efecto prexudicial da deslocalización de empresas de países desenvolvidos a outros en vías de desenvolvemento ao consideralo destrutivo para o tecido produtivo de ambas as dúas zonas. Beiras apuntaba ademais unha das maiores certezas do sistema neoliberal; aquela que transforma calquera actividade en negocio e que converte os seus actores en valores de mercado. O pobo é quen máis ordena A prensa é como dicía Ramonet: "O negocio xa non consiste en venderlles información aos cidadáns, senón en venderlles cidadáns aos anunciantes". A cita emprestóunola no seu día Manoel Santos, director horizontal de www.altermundo.org. O noso colaborador sinalaba os movementos sociais como únicos capacitadores do cambio, un paso no camiño que trazaba Jose Afonso, co permiso de Santos, de que o pobo é quen máis ordena. Optimista por vontade O economista e secretario xeral do Comité para a Abolición do terceiro Mundo marcou para nós un punto de inflexión. Fero e sorrinte, Bonfond falou de que malia que en todos os lugares o pesimismo dá razón e rigor para medir a amplitude do ataque neoliberal, a profundidade das súas consecuencias e a potencia dos seus poromotores, xa non se pode ignorar o optimismo da vontade que vai embargando a grandes sectores. Para facelo posíbelO suplemento "Altermundo", referente da prensa alternativa de corte político-social, analiza polo miúdo as eivas e solucións do pobre mundo rico.
O neoliberalismo ten estas cousas: a capacidade de danar non só os habitantes dos territorios sobre os que se sustenta -apropiación mercantil dos recursos do Sur, etc.-, senón que atenta tamén contra unha parte do seu propio lugar, a dos excluídos. Entre outras cousas, iso foi o que nos contou o suplemento Altermundo que dirixe Manoel Santos para GALICIA HOXE. Nos países do Norte son centro trinta millóns as persoas obrigadas a malvivir cunha renda que está por debaixo da metade da media. O Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento elaborou un novo indicador da pobreza que, baseado en datos como unha esperanza de vida inferior aos 60 anos, o analfabetismo e un tempo de desemprego superior aos doce meses, invitou a René Passet a soster que os países en teoría máis prósperos son formidábeis produtores de pobreza, con vítimas fundamentais nos vellos, nas mulleres solteiras a cargo dun cativo, nos desempregados de longa duración e nas persoas que padecen problemas de saúde. Conforme a ese indicador, en 1997 -non parece que as cousas mudaran desde daquela- vivía en situación de pobreza un 16,5% da poboación estadounidense, un 15,1% da británica, un 11,9% da francesa, un 10,4% da alemá e un 7% da sueca. Passet non dubidou en botar man dunhas significativas declaracións de Lawrence Summers, quen, en 1997, na sua condición de número dous do Tesouro dos EEUU, sinalou que un neno negro en Harlem tiña unha esperanza de vida inferior que a que mostraba un cativo en Bangladesh, contaba con menos posibilidades de ser escolarizado antes de alcanzar os cinco anos de idade que un miúdo de Shanghai e ficaba obrigado a pasar máis tempo da súa vida na cadea que nunha universidade. Todo isto nolo contaba o sociólogo Carlos Taibo. Outro sociólogo, Boaventura de Sousa Santos, dicíanos que cando as desigualdades sociais se fan profundas, as políticas públicas, no canto de as reduciren, ratifícanas. Exemplos: a eficacia fiscal centrada nas clases medias; precarización do emprego coas mudanzas no dereito do traballo que se anuncian; a degradación do servizo nacional de saúde. A protección dos cidadáns e dos non cidadáns contra actos arbitrarios do Estado ou doutros centros de poder económico está a diminuír. A organizadora: Carmen Carballo: "Contouse a verdade que a prensa oculta"
Un total de 54 proxeccións, 39 conferencias, 14 mesas-debate e 8 actuacións de teatro na rúa déronlle forma a un encontro "sen precendentes" no mundo, segundo as palabras da directora do Club Internacional de Prensa, artífice e organizadora do evento, Carmen Carballo. Alén, os conferenciantes da talla de Marcos Arruda, Carlos Gómez Gil, Bernard Cassen, Carlos Taibo, Xosé Manuel Beiras, Alfonso Dubois, Samí Naïr ou François Houtard contribuíron a construír día a día unha alternativa política contrao neoliberalismo Ademais, Carballo destacou onte o gran seguimento tanto presencial, como a través da rede, do evento. Non en van, a Xunta anunciou onte que a canle foi creada como un proxecto pioneiro no marco do simposio servirá para crear antes de dous meses a primeira televisión por internet que promoverá o audiovisual galego. E é que no tempo que durou o simposio a cadea recibiu más de 5.500 demandas de vídeos e foi seguida por un total de 600 usuarios diferentes dende Arxentina, Nicaragua, México, Francia, O Salvador, Colombia, China ou Inglaterra. Satisfeita cos resultados do simposio, a directora do CIP subliñou onte que o evento serviu para contar a verdade "sobre a situación de Latinoamérica, principalmente, que a prensa oculta sistematicamente". "O obxectivo é amosar esa parte que nunca se di coa esperanza, ademais, de que os xornalistas nos impliquemos en tentar amosar o que acontece", concluíu. | ||||
| < Ant. | Seg. > |
|---|


E é que o simposio "Pobre Mundo Rico" -ese fito histórico do altermundismo que nos acompañou durante dous meses- chegou onte á súa fin en Santiago de Compostela, coa participación de François Houtart, teólogo da liberación e un dos impulsores do Foro Mundial das Alternativas, e Frei Betto, frade dominico teólogo da liberación, escritor e artífice de diversos movementos sociais; tras nove semanas de celebración que sumaron ao redor de cento corenta actividades.
Nunha entrevista a Evo Morales, antes de ser elixido presidente de Bolivia, cando Carlos Mesa acababa de subir ao poder, o líder cocaleiro deixaba constancia de parte dos motivos subxacentes á dicotomía, daquela irreconciliábel, entre riqueza de materias primas e extrema pobreza económica popular: a existencia dunha elite nacional e a fuga de capital pola explotación transnacional dos recursos. Morales respondíalle á xornalista Alexia Guilera para a Axencia de Prensa Rural boliviana sobre o efecto da empresa Repsol YPF (Evo pronuncia Répsol) deste xeito: "Hai uns anos que está perforando o Parque Natural Isidoro Sécore, no centro do país, en Cochabamba, onde o Goberno di que nós non podemos coller terras porque é unha reserva forestal.
"No 1989, o movemento autónomo de mulleres de Recife lanza unha campaña de información sobre a saúde das mulleres para o estado de Pernambuco e neste momento, algunhas de nós, activistas, sentimos a necesidade de ter outras formas de comunicación coas persoas, para mesmo, ampliar o público sempre moi recio coas "bruxas". Saímos facendo teatro na rúa, un teatro comprometido, traducindo con imaxes fortes, coloridas, graciosas, os nosos ideais de xustiza social, de igualdade, de pluralidade. Un estilo simple que provoca o interese, a simpatía e empatía do público anónimo para os nosos esforzos diarios en lograr políticas respectuosas coas persoas. Un teatro que mostra que as feministas, tan criticadas e atacadas -sabemos por que, non?-, non morden (sempre) e até son huma- nas (?). Inicialmente, saír coas Loucas, significaba un convite para quen quería unha oportunidade de exercer a súa cidadanía activa, creativa e audaz. Significaba un reto contra a timidez, unha ruptura coas convencións".
Catro de cada dez habitantes do planeta sobrevive baixo o limiar da pobreza e o 80 por cento da riqueza mundial atópase actualmente en mans dun 20% da poboación total. Co obxectivo de espertar a mente das sociedades ante un problema tal, oitenta expertos en desigualdade de todo o mundo converteron Galiza ao longo de dous meses en "altofalante do berro contra a pobreza" no marco do simposio "Pobre Mundo Rico" que se desenvolveu nas sete grandes cidades galegas durante os meses de outubro e novembro. 