| Unha arañeira para outra información |
| Altermundo | |
| Domingo, 30 de Setembro do 2007 | |
|
INTERNET CONVERTEUSE NUN VEHÍCULO PARA MILLEIROS DE ACTIVISTAS E COLECTIVOS QUE TEÑEN A XUSTIZA SOCIAL COMO OBXECTIVO.
Aí conflúen dende asociación campesiñas e de mulleres a colectivos indíxenas, dende medios de comunicación e información alternativos a foros e institutos de economistas, sociólogos, politólogos e filósofos que dan vida e argumentos ao Movemento e que son quen de pasar por riba dos atrancos xerados polos medios de comunicación aliados co poder. Exemplos desta variedade son o Independent Media Center, rede internacional que conta con portais en moitas linguas e que abranguen informacións achegadas por milleiros de activistas; Znet, revista electrónica orientada ao cambio social con máis de 250.000 visitantes semanais e reputados colaboradores en todas as disciplinas e Nodo50, territorio para os movementos sociais e a acción política. Hai multitude de medios, excelentes revistas con boas edicións electrónicas como Pueblos e Sin Permiso; axencias de información alternativas –xerais e temáticas– que informan sobre o que non adoita ter espazo, ou que se agacha, nos medios tradicionais: Rebelión, Argenpres, ALAI (América Latina en Movemento), Carta Maior, Adital, Red Voltaire, Púlsar; e tamén redes de radios comunitarias como a Red con Voz. Ademais, na rede atopamos outras axencias e medios tradicionais –no mercado– pero con liñas editoriais comprometidas, como o xornal mexicano La Jornada ou a activa Inter Press Service. | |
| < Ant. | Seg. > |
|---|

O principal concepto que define ao altermundismo, ao movemento global que loita contra a globalización neoliberal, principal causante das desigualdades e por tanto da pobreza no mundo, é o de Rede de Redes. E neste eido Internet erixiuse como un novo espazo no que existe unha participación social insólita e que permite mobilizar milleiros de persoas en tempos mínimos. Unha rebelión como a dos zapatistas en 1994 ou as grandes mobilizacións contra o FMI, OMC ou G8 serían impensábeis sen a arañeira. O feito de que a fenda dixital entre Norte e Sur sexa aínda evidente é un problema en moitos aspectos, pero tamén xerou unha conciencia colectiva dende o Norte cara o Sur, de maneira que moitas organizacións traballan dende arriba mirando cara abaixo por vez primeira..jpg)