Xornadas anuais de cooperación
Igadi   
Xoves, 22 de Novembro do 2007

Santiago acolle a IV edición das Xornadas Anuais de Cooperación do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

Co motivo do seu X Aniversario, este ano, o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade adica ás IV Xornadas Anuais de Cooperación ao municipalismo cooperante. Baixo o título de “O compromiso global do mundo local”, representantes de diferentes entidades municipais exporán as súas experiencias en materia de cooperación ao desenvolvemento.

Entre outros, ademais de autoridades locais galegas, contarase coa presencia de representantes do Concello de Córdoba, do Fons Valenciá de Cooperación, da Cámara Municipal de Palmela (Portugal), así como do Coordinador do programa ART (Apoio ás Redes Territoriais) das Nacións Unidas e de dous representantes do municipalismos en Cabo Verde.

O obxectivo destas xornadas é abrir un espazo de encontro entre diferentes actores vinculados ao municipalismo e á solidariedade. Neste contexto reflexionaremos e debateremos ao redor do papel que cumpre e/ou podería cumprir o mundo local nas políticas de cooperación ao desenvolvemento, así como no impulso de redes horizontais de solidariedade e intercambio entre as distintas realidades Norte – Sur.

Xornadas Anuais da Cooperación

29 de Novembro

Centro Sociocultural Caixa Galicia - Carreira do Conde nº 18 (baixo)- Santiago de Compostela


Igadi
Sobre o autor ou autora:
Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (Igadi)
Ler máis >>
 
< Ant.   Seg. >