Manobra electoral acuícola
Manoel Santos   
Martes, 04 de Marzo do 2008
Manoel Santos-. O director xeral de Recursos Mariños cometeu antonte dúas barbaridades democráticas. A primeira a de mentir á poboación galega, por canto as fábricas de peixe que di suprimir do plano acuícola –Touriñán (Muxía), Punta Corvos (Corrubedo-Ribeira) e Punta do Corno (Camariñas)– non eran unha posibilidade…
 
Corrubedo non se vende
Plataforma Medioambiental de Corrubedo   
Mércores, 13 de Febreiro do 2008
 Dende a Plataforma Medioambiental de Corrubedo animamos ás galegas e galegos de ben a se adherir e participar na manifestación convocada pola Rede Galiza Non Se Vende o 17 de febreiro, ás 12 da mañá, en Compostela. As adhesións pódense facer AQUÍ
 
Adega premia a defensa do litoral
Adega   
Xoves, 20 de Decembro do 2007
Fallo dos Premios OSÍXENO e DIOXINA 2007
Dende o 2000, ADEGA entrega os premios OSÍXENO e DIOXINA para premiar á millor e pior actuación ambiental do ano. 
Premio OSÍXENO á millor actuación/actitude ambiental do 2007:
-Categoría colectivo: Plataformas contra o Plano Acuícola. 
-Categoría individual: ao profesor, Xoán Ramón Vidal Romaní.
Premio DIOXINA á actitude ou actuación máis agresiva e insustentábel:
-Categoría colectivo: ao grupo de empresas Villar Mir.
-Categoría individual: ao alcalde de Cervo, Alfonso Villares Bermúdez.
 
Cerco a Corrubedo
Plataforma Medioambiental de Corrubedo   
Martes, 11 de Decembro do 2007
 Tres piscifactorías xigantescas e unha macrodepuradora son os principais proxectos da Xunta para "protexer" unha das zonas máis valiosas do litoral galego, un Lugar de Importancia Comunitaria de máis de 9.000 hectáreas que quedará totalmente cercado.
 
Pesca desoe as 1.001 alegacións e dálle luz verde ó plan acuícola
Galicia Hoxe   
Martes, 11 de Decembro do 2007

Pesca insiste en comezar o ano dándolles luz verde ás piscifactorías a pesar das 1.001 alegacións, 714 por Laxe Brava. Os afectados aínda esperan resposta.

 
Galiza Non Se Vende promoverá unha inciativa lexislativa popular no parlamento galego
Galiza Non Se Vende   
Xoves, 06 de Decembro do 2007
Se os nosos representantes políticos non son quen de garantir a protección do patrimonio e dos nosos recursos naturais, se non son quen dar resposta ás demandas da cidadanía neste senso, teremos que ser nós mesmos/as quenes exerzamos de xeito directo a capacidade de lexislar.
 
O pobo vai lexislar
Rebeca Fernández/Galicia Hoxe   
Xoves, 06 de Decembro do 2007

 Afectados polo Plan Acuícola, co apoio da Rede Galicia Non se Vende, presentarán unha Iniciativa Lexislativa Popular para protexer o noso litoral das agresións industriais e urbanísticas.

 
Do soño de Touriñán á desfeita da Laxe Brava
Caetano Díaz   
Mércores, 07 de Novembro do 2007
 Cando o presidente Touriño e a conselleira Gallego lle fixeron fronte á intentona bananeira de Pescanova de marcar a política acuícola de Galicia, e converteron o cabo Touriñán no símbolo do cambio, algúns experimentamos unha sensación nova: o orgullo de sermos galegos. Pouco durou o soño.
 
U-las estrelas vermellas?
Manoel Santos   
Mércores, 07 de Novembro do 2007
 O principal culpábel desta futura desfeita é pois do partido rosado, que malxestiona as dúas consellerías máis relacionadas co plan, Pesca e Medio Ambiente. Iso si, sen os votos do BNG o plan non sairía adiante, e disque os nacionalistas pretenden votar a favor no Consello da Xunta…
 
Raio verde en Corrubedo
Xosé Luís Groveiro   
Martes, 06 de Novembro do 2007
 Este pasado domingo un raio verde, esta vez de conciencias, percorreu Corrubedo desde o porto ao faro. Miles de almas, máis das que agardarían as previsións máis optimistas, vidas de todas partes de Galiza, representativas polo tanto da consciencia viva da sociedade galega, berraron en defensa unánime dese patrimonio común que é a nosa costa, que ese día chamamos Quilmas, Merexo e Laxe Brava, non se vende.
 
Corrubedo: camiño da dignidade
Plataforma Medioambiental de Corrubedo   
Luns, 05 de Novembro do 2007
 Onte, en Corrubedo, o país galego díxolles aos seus gobernantes que xa abonda, que queremos outro modelo de desenvolvemento, que queremos conservar o pouco que nos queda, que antes cás siglas políticas, antes cós intereses económicos, está a vontade da nación, a dignidade deste curruncho do noroeste peninsular que onte, para ben ou para mal, comezou unha loita unitaria pola dignidade porque aqueles en quen confiou o seu goberno mudaron en cegos e xordos.
 
<< Inicio < Ant. 1 2 Seg. > Remate >>

Resultados 1 - 15 de 25