Xogo de espellos
Xosé Manuel Beiras   
Mrcores, 07 de Novembro do 2007
 O sarcasmo contido na expresión "probe mundo rico" ten se cadra máis ferrete aínda considerado no contexto no que se desenvolve, e observado o repertorio de intervintes convidados que, colectivamente, protagonizan a serie de sesións nas que, sexan conferéncias, mesas redondas ou proxeccións audiovisuais, consiste este insólito simposium de dous meses enteiros de duración.
 
Retrincos do meu carné II
Xosé Manuel Beiras   
Luns, 29 de Outubro do 2007
Fora en xuño do 2006. Fixera unha pausa na miña peneirada do acontecer social nestas follas do GH, e ousara tirar á luz algunhas notas do meu carné: "Impúdicamente -transcríbovos- espidas na sua literalidade, sen adubío ningún, sen retoques nen elipses, tal e como as rexistrara alí no outono do ano 2000".
 
As "nacións sen estado" e a necesaria reforma da ONU
Xosé Manuel Beiras   
Domingo, 21 de Outubro do 2007
 Esta plataforma, auténtica e literalmente inter-nacional, ten xa dous decenios longos de existencia. Nacera por iniciativa conxunta de organizacións políticas e culturais nacionalistas galegas, vascas, catalás, bretonas, escocesas, galesas, corsas -e algunhas máis que aforro enumerar.
 
O proxecto común da nación galega (II)
Xosé Manuel Beiras   
Mrcores, 17 de Outubro do 2007
 Unha releitura atenta dos tres últimos séculos de historia política da humanidade, feita –esplicitémolo para sermos honestos– con lentes europeus, pon de manifesto que os valores primordiais que lle imprimen unha dinámica de avance social forman unha constelación que eu ousaría esquematizar na articulación dos seguintes vértices: soberanía popular, fraternidade, democracia participativa, república e esquerda.
 
O proxecto común da nación galega (I)
Xosé Manuel Beiras   
Domingo, 07 de Outubro do 2007
 Unha nación nacida na Historia, pero negada polo aparello de estado que a domina e subsume no seu ámbito de poder político, está sometida a mecanismos de alienación cultural e ideolóxica que impiden que tódolos seus cidadáns teñan consciencia da sua identidade colectiva.
 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 Seg. > Remate >>

Resultados 46 - 60 de 110