Hu vai a por todas
Xulio Ríos   
Domingo, 06 de Agosto do 2006
Unha nova e intensa campaña anticorrupción preside o proceso de renovación dos responsábeis do Partido Comunista de China (PCCh), con vistas ao XVII Congreso desta formación, a celebrar en 2007, probabelmente nalgún mes do último trimestre.
 
Tensión en Oriente Próximo
Alfredo Iglesias Diéguez   
Xoves, 03 de Agosto do 2006
…alén deste interese estratéxico por controlar os recursos económicos da rexión, non podemos obviar un segundo interese estratéxico oculto, aínda que neste caso é de consumo interno: a intensificación do conflito reactiva a industria armamentística e o sector da reconstrución, dúas actividades económicas nas que salientan os EEUU case de xeito exclusivo no eido mundial…
 
Crónica india
Manoel Santos   
Sbado, 29 de Xullo do 2006
O 11 de xullo atópome en Pushkar, cidade sagrada do deus Brahma no Raxastán indio, un estado estremeiro con Paquistán que viviu os seus intres de gloria antes da independencia (1947), cando ata 23 reinos estaban rexidos polos poderosos maraxás, tan guerreiros coma vividores.
 
China: O partido viaxa en tren
Xulio Ríos   
Domingo, 02 de Xullo do 2006
Un ano máis, China apréstase a celebrar a fundación del Partido Comunista (PCCh). A idéntico ritmo que en anos anteriores, todo o aparato propagandístico do sistema se esforza por amosar ante a cidadanía la inmensa "sorte" que teñen ao dispor dunha formación capaz de asegurar a paz, a independencia e o desenvolvemento do país.
 
Crise en Taiwán
Xulio Ríos   
Xoves, 29 de Xuo do 2006
A incerteza preside a vida política taiwanesa dende que en maio xurdiron as primeiras denuncias de corrupción contra o entorno presidencial. A día de hoxe, as probabilidades de que Chen Shui-bian resista ata 2008, cando remata formalmente este seu segundo e derradeiro mandato, non son moitas.
 
Xangai
Xulio Ríos   
Martes, 20 de Xuo do 2006
O recente cumio da Organización de Cooperación de Xangai (OCS) evidenciou, sobre todo, a vontade de autodeterminación dunha parte substancial de Asia. Os seis países que a integran de pleno dereito, catro de Asia Central máis Rusia e China, ademais de India, Paquistán, Irán e Mongolia, a título de observadores, estableceron as bases para avanzar nunha integración rexional en varias dimensións…
 
Palestina: chegando ao final, ao tráxico final
Alfredo Iglesias Diéguez   
Luns, 12 de Xuo do 2006
…Por que se permite que Israel se constrúa como un estado étnico (hebreo) e relixioso (xudeu) que viola os dereitos máis básicos da poboación palestina?, por que se consente que Israel incumpra sistematicamente todas as resolucións de Nacións Unidas ao tempo que baleira de contido todos os acordos asinados cos representantes legais do pobo palestino?
 
O anticipado final de Chen
Xulio Ríos   
Xoves, 08 de Xuo do 2006
"Chen ten os días contados", clamaba Ma Ying-jeou, xefe de filas do Kuomintang (KMT) na concentración que o sábado, día 4 de xuño, reuniu en Taipei a miles de persoas para esixir a dimisión do presidente de Taiwán. 
 
O atoamento chinés
Xulio Ríos   
Domingo, 04 de Xuo do 2006
Hai quen se escandaliza porque na China, dezasete anos despois dos acontecementos na praza de Tiananmen, non se someta a revisión o ocorrido en 1989. Cumpríronse hai nada 40 anos do inicio da Revolución Cultural e tampouco se dixo na China ren sobre o asunto. Imaxinen o que queda por esperar de seguiren así as cousas. Algo está a cambiar, claro. Na China, sempre está a cambiar algo. Mais ao seu ritmo. 
 
Unha China oca?
Xulio Ríos   
Sbado, 03 de Xuo do 2006

A imaxe internacional da China vén condicionada nos últimos tempos polo seu intenso desenvolvemento. Esa percepción refórzase dende o exterior, ás veces interesadamente e non sempre con xustiza, coas alertas respecto dos hipotéticos perigos que ese crecemento implica, tanto en termos económicos coma militares. A China entendida como ameaza, comercial ou militar, está á orde do día nalgúns medios, con considerable poder e influencia.

 
Taiwán: horas baixas de Chen
Xulio Ríos   
Mrcores, 31 de Maio do 2006

Chen Shui-bian, o presidente de Taiwán, atravesa as horas máis baixas dende que accedeu á presidencia en 2000. No ecuador do seu segundo e derradeiro mandato, as denuncias de corrupción na súa contorna familiar máis achegada ameazan con desacreditar a súa sempre controvertida xestión e con esnaquizar o patrimonio ético no facer público de que gozaba a súa formación… 

 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 Seg. > Remate >>

Resultados 49 - 60 de 60