Novas
Presentación de Galeano en galego
Altermundo   
Mércores, 30 de Abril do 2008
 O día 8 de maio, a editorial Laiovento e a Libraría Couceiro aprácense en convidarvos á presentación do libro de Eduardo Galeano Carta ao señor futuro. O acto terá lugar ás 20:00 h. e contará coa presenza de Xosé Manuel Beiras, Alfredo Iglesias Diéguez (tradutor e prologuista) e Francisco Pillado.
 
A agroindustria e os escravos do século XXI
Altermundo   
Martes, 29 de Abril do 2008
 Máis de 130 traballadores en situación de escravitude foron liberados a principios de mes en Brasil dunha multinacional que ten como maiores accionistas o ex presidente dos Estados Unidos, Bill Clinton, e o ex presidente do Banco Mundial, Steve Case.
 
17 de abril: loita labrega
Altermundo   
Martes, 29 de Abril do 2008
 As crises alimentarias xeradas polo medre dos agronegocios das transnacionais. Ese foi o tema do Día Internacional da Loita Campesiña, que mobilizou milleiros de comunidades labregas de distintas partes do mundo o día 17 de abril.
 
Queren calar a voz de Oaxaca
Altermundo   
Martes, 29 de Abril do 2008
O 7 de Abril as xornalistas de Radio Copala: La voz que rompe el silencio Felícitas Martínez Sánchez e Teresa Bautista Merino morreron asasinadas nunha emboscada ao ser tiroteado o automóbil no que viaxaban.
 
Polo peche dos Guantánamos europeos
Altermundo   
Martes, 29 de Abril do 2008
Preto de 40 migrantes entraron en folga de fame o 7 de Abril en Aluche (Madrid), en protesta contra as precarias condicións do Centro de Internamento de Extranxeiros (CIE) de Aluche. Acotío sofren a falta de atención médica, xurídica e hixiene.
 
Informe sobre o Desenvolvemento Humano en galego
Altermundo   
Martes, 29 de Abril do 2008
O 11 de Abril a Coordinadora Galega de ONG para o desenvolvemento presentou na Coruña a primeira tradución ao galego do Informe sobre Desenvolvemento Humano 2007-2008 do Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento (PNUD).
 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>

Resultados 73 - 81 de 153