Novas
Curso Universitario: Loita contra a Pobreza
Altermundo   
Venres, 04 de Xullo do 2008
Do 8 ao 11 de xullo, na Facultade de Ciencias Políticas e Sociais da USC, terá lugar o Curso de Verán "A loita contra a pobreza na Sociedade Internacional Actual:os desafíos da cooperación para o desenvolvemento".
+ INFO: www.usc.es/cultura/cveran08.htm
 
III Foro Social Mundial das Migracións
Altermundo   
Venres, 04 de Xullo do 2008
 O 30 de xuño remata o prazo de inscrición  para o Foro das Migracións de Rivas Vaciamadrid (Madrid, 11-13 de setembro). Eixes temáticos: A globalización e as migracións; As sociedades de orixe e alternativas ao desenvolvemento; Fronteiras e dereitos humanos; As sociedades de chegada e a situación dos migrantes; e Asilo e refuxio e desprazamento.
+ INFO: www.fsmm2008.org
 
Managua: Foro Mesoamericano dos Pobos
Altermundo   
Venres, 04 de Xullo do 2008
 Do 14 ao 16 de xullo: "O Foro Mesoamericano dos pobos converteuse no espazo dos pobos onde converxemos os loitadores e loitadoras sociais centroamericanos para organizarnos e trazar estratexias comúns de resistencia e articulación de alternativas fronte ao modelo neoliberal que vén xerando maior desigualdade, pobreza, inxustiza e militarización".
+INFO: foro-mesoamericano.org/inicio.htm
 
Máis activismo mundial no mes de xullo
Altermundo   
Venres, 04 de Xullo do 2008
Do 28/06-5/07: A Habana (Cuba): IV Asemblea dos Pobos do Caribe.
Días 6 a 9: Koulikoro (Malí): Cúpula africana contra o G8, Foro dos Pobos. +INFO: Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver / www.forumdespeuples.org
21-23: Nicaragua. Encontro de Estudantes do Ensino Médio (FES).
21-23: Colombia: Tribunal Permanente dos Pobos.
 
Mostra das Culturas de Boiro
Altermundo   
Venres, 04 de Xullo do 2008
Do 5 ao 9 de xullo celébrase a Mostra das Culturas en Boiro. Os días 5 e 6 abrirá a Carpa da Diversidade, que albergará distintas propostas culturais que fomenten, sobre todo, o intercambio cultural entre os pobos. Coperactiva Cultural e a entidade xestora da dita Carpa da Diversidade.
+ INFO: www.culturactiva.org | www.amigosdaterra.net
 
Alternativas: fe, ciencia e tecnoloxía
Altermundo   
Venres, 04 de Xullo do 2008
 Entre os días 24 e 27 de xullo en Allariz ten lugar a X escola de responsabilidade "fe, ciencia e tecnoloxía", organizada por Arela. Unha busca de alternativas económicas, sociais, políticas e educacionais pola vía da relixión.
+INFO: Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver | Tel.: 629 513 456 (Yolanda).
 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>

Resultados 28 - 36 de 153