Axenda global para outubro
Altermundo   
Mrcores, 01 de Outubro do 2008
Axenda publicada no suplemento horizontal Altermundo de setembro
 
Mulleres en marcha
Acsur   
Mrcores, 01 de Outubro do 2008
 Cinco continentes, máis de corenta países, cento cincoenta integrantes de coordinadoras nacionais e do comité internacional. Buscan a liberdade en Vigo. Mulleres todas.
 
Convocatorias para setembro
Manoel Santos   
Domingo, 21 de Setembro do 2008
Axenda publicada no Suplemento Horizontal Altermundo de agosto.
 
O Foro Social Mundial das Migracións abre o novo curso
Altermundo   
Domingo, 21 de Setembro do 2008
 Entre os días 11 e 13 de setembro celébrase no concello de Rivas-Vaciamadrid (Madrid) un foro que loita por un mundo sen muros
 
Convocatorias para agosto
Altermundo   
Domingo, 21 de Setembro do 2008
Axenda de convocatorias para agosto publicadas no número 15 do Suplemento Horizontal Altermundo.
 
Xornada fotográfica 'testing' no Courel
Verdegaia Vigo   
Venres, 05 de Setembro do 2008
Do 5 ao 7 de setembro, organizada por Verdegaia, S.O.S. Courel e Insectarium Virtual. Consiste en agrupar un grande número de persoas e tomar fotos da flora e a fauna invertebrada. Un grupo formado por máis de 100 expertos vai categorizar a información e clasificala e catalogala.
+ INFO: www.verdegaia.org | Este enderezo de correo-e est protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
 
Máis activismo mundial en setembro
Altermundo   
Venres, 05 de Setembro do 2008
Días 1 a 4: Protestas pola Convención Nacional Republicana nos Estados Unidos (St. Paul/Minneapolis, Minnesota).
+ INFO: www.nornc.org
Día 7: Grito dos Excluídos (Brasil). Gran mobilización.
+ INFO: www.gritodosexcluidos.com.br
Días 22 a 24: Xuntanza do Consello Internacional do FSM (Copenhaguen, Dinamarca).
+ INFO: www.forumsocialmundial.org.br
Días 26/09 a 1/10: Foro Interamericano de Mulleres contra a Corrupción (Bos Aires, Arxentina).
+ INFO: www.mujeresenigualdad.org.ar
 
Coordinación contra a directiva das 65 horas
Altermundo   
Venres, 05 de Setembro do 2008
 Co fin de acordar un plan de acción unitario no Estado español, autoconvocatoria de movementos sociais o 9 de setembro ás 19:00 horas na Casa da Soli (C/ Vistalegre nº 5, metro St. Antoni, Barcelona). Máis asembleas noutros puntos do Estado.
INFO: www.kaosenlared.net/especial/noalas65horas | Este enderezo de correo-e est protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
 
Conferencia pola paz en Oriente Próximo
Altermundo   
Venres, 05 de Setembro do 2008
III Conferencia europea de autoridades locais pola paz en Oriente Próximo. Do 25 ao 28 de setembro no Palacio Ducal de Venecia (Italia). Realízase no marco do Ano Europeo do Diálogo Intercultural e do 60° aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos e proponse definir un plan de acción concreto para os dous próximos anos.
+ INFO: www.paxurbs.com/Anglais/indexen2.htm
 
Bolivi: IX festival de cine de pobos indíxenas
Altermundo   
Venres, 05 de Setembro do 2008
 Do 11 ao 20 de setembro en Bolivia. Festival itinerante en diversas comunidades quince días previos ao evento en Santa Cruz de la Sierra, do 11 ao 13 e na Paz, do 14 ao 20. Desenvólvese tamén foros sobre os pobos indíxenas no mundo.
+ INFO: www.clacpi.org
 
Montpellier, capital mundial da auga
Altermundo   
Venres, 05 de Setembro do 2008
 Do 1 ao 4 de setembro en Montpellier (Francia). Baixo o lema ‘Cambios globais e recursos hidrolóxicos: enfrontando as grandes e diferentes presións’. Participación de expertos, exposicións e comunicacións científicas sobre os recursos de auga no noso planeta.
+INFO: wwc2008.msem.univ-montp2.fr
 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 Seg. > Remate >>

Resultados 1 - 15 de 88