|
Xente da terra nosa
|
|
Luns, 20 de Agosto do 2007 |
 Os fillos e as fillas do cabo verde de Corrubedo facemos un chamamento desesperado para liberar a nosa costa das poutas das transnacionais fabricantes do peixe. Unha piscifactoría, fábrica de peixes ao cabo, de 308.000 metros cadrados en territorio virxe é o noso premio por conservar, o castigo a ese cabo do mundo ao que só chegan os salseiros do mar. Corrubedo é aínda Terra Liberada. É xusto que á nosa terra liberada, ao noso litoral incólume, veña agora o poder dunha empresa transnacional para exercer o castigo da destrución? Velaquí as verbas do país: |