O goberno dos rodaballos
Manoel Santos   
Venres, 03 de Outubro do 2008
 Manoel Santos-. Herdado do goberno Fraga, que o aprobou en funcións, Carmen Gallego asumiuno como propio para facer con el un remexido que deu como resultado, é certo, unha menor afección directa –que non indirecta– da rede Natura galega, mais tamén unha superficie a esnaquizar infinitamente maior –máis de 700 mil metros cadrados que quedaron reducidos a case 500.000 na última revisión– e unha concepción exactamente igual do que debe ser a economía do país: a submisión territorial e ambiental ás transnacionais…
 
Informes oficiais da propia Xunta destapan as graves carencias do Plan Acuícola
R. Fernández / Galicia Hoxe   
Venres, 03 de Outubro do 2008
 R. Fernández / Galicia Hoxe-. O informe de Urbanismo sostén que o Plan Acuícola non xustifica a súa rendibilidade social e os de Medio Ambiente e Patrimonio o impacto sobre o territorio.
 
Sinaturas para protexer Corrubedo
Plataforma Medioambiental de Corrubedo   
Luns, 22 de Setembro do 2008
A Plataforma Medioambiental de Corrubedo presenta hoxe, luns 22 de setembro de 2008, máis de 300 sinaturas recolleitas somentes nesa miúda pero orgullosa parroquia mareira, para apoiar a moción presentada polo BNG de Ribeira para declarar o cabo Corrubedo Espazo Natural de Interese Local. Ás sinaturas acompaña un informe feito por un biólogo independente que confirma que os valores naturais da Laxe Brava son dignos de conservación e deberían ser incluídos na rede Natura 200 lindante.
 
Estratexia para impedir a barbarie acuícola
Adega   
Mrcores, 03 de Setembro do 2008
Recursos xudiciais, denuncias á Fiscalía e a Europa e iniciativas nos concellos afectados, xunta co compromiso inquebrantábel da cidadanía en defensa do litoral.
 
Teatro acuícola
Manoel Santos   
Luns, 01 de Setembro do 2008
 Manoel Santos-. Digo eu, que a patronal piscícola saberá corresponder á candidatura de Touriño cando as eleccións cheguen de verdade, porque doutro xeito a teima destrutora dos "socialistas" galegos non hai quen a entenda.
 
Touriño impón un Plano que convertirá a costa nun polígono industrial de cemento e plástico
Adega   
Xoves, 28 de Agosto do 2008
Adega-. Confirmouse a vergoña: o consello da Xunta a iniciativa do seu presidente ven de perpetrar o Plano Acuícola, consumando a meirande agresión á costa galega dende o Prestige.
 
O Concello de Ribeira podería salvar a Laxe Brava
Plataforma Medioambiental de Corrubedo   
Xoves, 07 de Agosto do 2008
ADEGA e a Plataforma Medioambiental de Corrubedo apoian a moción presentada polo BNG local para que o concello de Ribeira solicite a declaración de Espazo Natural de Interese Local para a “Laxe Brava” (Corrubedo) e toda a contorna do cabo Corrubedo.
 
Touriño impón a inclusión do plan acuícola no que pode ser o último consello da lexislatura
Plataforma Medioambiental de Corrubedo   
Xoves, 28 de Agosto do 2008
 Galicia Hoxe informa da versión máis ditatorial do Plano.
 
Futuro en negro
R. Fernández / Galicia Hoxe   
Mrcores, 30 de Xullo do 2008
R. Fernández-. Ecologistas en Acción reivindica a través dunha travesía de Ribeira ata Corrubedo a bordo do seu veleiro a destrución desta franxa costeira por mor da futura macropiscifactoría.
 
P.N. de Corrubedo
Manoel Santos   
Mrcores, 30 de Xullo do 2008
 Manoel Santos-. Lido o informe Bandeiras Negras 2008 da confederación Ecoloxistas en Acción, esas letras P.N. que dende 1992 van a carón do nome de Corrubedo xa non significan Parque Natural, senón Punto Negro? de Corrubedo.
 
Corrubedo: paraíso ou inferno?
Rebeca Fernández/Galicia Hoxe   
Mrcores, 02 de Xullo do 2008
‘Pachi’ Vázquez recúa e elimina da Rede Natura a Laxe Brava para facerlle sitio á macropiscifactoría.
Co polémico Plan Acuícola a piques de ser aprobado polo Consello da Xunta, todo apunta a que Corrubedo terá macropiscifactoría, malia ser capital dun parque natural.
 
<< Inicio < Ant. 1 2 Seg. > Remate >>

Resultados 1 - 21 de 34