|
Altermundo
|
|
Martes, 26 de Febreiro do 2008 |
|
O Día Internacional da Muller é unha xornada que celebran os grupos femininos en todo o mundo. Esa data conmemórase tamén nas Nacións Unidas e é festa nacional en moitos países. Actos ao longo de todo o planeta.
|
|
|
Implicadas no Desenvolvemento
|
|
Martes, 26 de Febreiro do 2008 |
 O día 27 de marzo na Casa das Crechas (Santiago), Implicadas No Desenvolvemento presentará ao público esta obra poética que recolle composicións de autoras tamiles –Andal, Kutti Revathi, Malathi Maithri, Salma e Sukirtharani– e galegas –Marilar Aleixandre, Yolanda Castaño, Marta Dacosta, María do Carme Kruckenberg, Yolanda López, Chus Pato e María Reimóndez. |
|
|
Altermundo
|
|
Martes, 26 de Febreiro do 2008 |
 Do 8 ao 11 de Abril vai ter lugar o simposio Antropoloxía e Cooperación ao Desenvolvemento, organizado pola Asociación Luso-Galega de Antropoloxía Aplicada (ALGA), na Facultade de Humanidades de Ferrol (Univ. da Coruña). O simposio ten carácter multidisciplinario e pódense achegar comunicacións –envío do título até o 5 de marzo e do texto definitivo até o 28 de marzo. Tanto os relatorios como as comunicacións serán publicadas. +INFO: www.anthroponet.org ou
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
|
|
|
Altermundo
|
|
Martes, 26 de Febreiro do 2008 |
 O día 1 de Abril, pobos de todo o mundo mundo farán accións contra o imperio dos combustíbeis fósiles, declarando este día como o Día dos Inocentes Fósiles. Rising Tide, Rainforest Action Network, Global Exchange, Earth First! e outros moitos convocan a un día de acción global con accións directas contra estas industrias. |
|
|
Altermundo
|
|
Martes, 26 de Febreiro do 2008 |
Como cada ano, o Fondo Monetario Internacional e o Banco Mundial celebran xuntanzas conxuntas, unha no inverno (setembro-outubro) e outra na primavera, que son contestadas con mobilizacións polos movementos antiglobalización. A desta primavera será os días 12 e 13 de abril en Wáshington. |
|
|
|