Queda alguén aí?
Arraianos   
Xoves, 31 de Xaneiro do 2008
 Arraianos, Alvarellos e TVE convídano á proxección do documental Queda alguén aí?, xunto coa presentación da revista Arraianos nºVII: A vida nas aldeas e unha mesa redonda sobre o futuro do rural galego. Sábado, 2 de febreiro, ás 20.00 horas, no Salón Nobre do Liceo de Ourense (Rúa Lamas Carvajal,5).
 
Contra o gaseiro número 13
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol   
Xoves, 31 de Xaneiro do 2008
Ante a próxima chegada do gaseiro nº 13 cara a ilegal e perigosa planta de gas de Reganosa, coa sua carga de GNL,  o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol convoca unha cacerolada tamboreada para o venres 1 de febreiro ás 11 da mañá. O sábado 2 de febreiro: Ultranoite en defensa da ría.
 
Concentración por Palestina
Altermundo   
Xoves, 31 de Xaneiro do 2008
 POLO FIN DA OCUPACIÓN SIONISTA DE PALESTINA CONTRA A MASACRE DE GAZA. Concentración na Praza do Toural de Santiago de Compostela. Xoves, 31 de xaneiro, ás 20‚30 horas. ¡Para acabar co gueto de Gaza!
[Galiza por Palestina. Apdo:2083. 15080 A Coruña. Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver ]
 
Por unha Terra Viva e unha Vida Digna para tod@s
Altermundo   
Martes, 29 de Xaneiro do 2008
 A Rede Galiza Non Se Vende, formada por máis de medio cento de colectivos ambientalistas e sociais, desembarcará o 17 de febreiro en Compostela para berrar contra a destrución do país.
 
Anti-Otan en Múnic
Altermundo   
Martes, 29 de Xaneiro do 2008
 Cada febreiro, dende 1962, Múnich –Alemaña– é a sede dunha conferencia de estrategas militares, representantes de gobernos, xenerais e lobbys armamentísticos que se protexen por zonas de exclusión, canóns de auga e grandes aparellos policiais.
 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 Seg. > Remate >>

Resultados 1 - 9 de 23