O Beiras en Galicia Hoxe
Foro Social Galego

Web


Volver
Seminario Galego de Educación para a Paz

O Seminario Galego de Educación para a Paz naceu en 1985 como un Seminario Permanente promovido por un grupo de profesionais dos distintos niveis do ensino (desde a educación infantil ata a universidade) sensibilizados diante da ausencia de materiais didácticos e reflexións teóricas sobre a Educación para a Paz en xeral ou especificamente sobre os dereitos humanos, a tolerancia, a solidariedade, o ecopacifismo, a solución pacífica de conflictos, a interculturalidade ou a Cultura de Paz. Nos últimos anos profesionais doutros ámbitos (dereito, saúde, animación sociocultural, estudiantes...) téñense incorporado ó Seminario Galego de Educación para a Paz que, na actualidade, tense convertido nunha ONG sen ánimo de lucro que forma parte da Coordinadora Galega de ONG´s para o Desenvolvemento e da Coordinadora Galega pola Paz. Os traballos do Seminario Galego de Educación para a Paz nestes anos foron recoñecidos publica e institucionalmente coa concesión de varios premios: de investigación en Ciencias Sociais de Bancaixa (Valencia) por un traballo conxunto sobre a tolerancia, o premio Xustiza e Sociedade en 1998, o León Felipe pola Paz no ano 2.000, o Mensaxeiro da Paz da UNESCO tamén no 2000, e o de promoción de conductas tolerantes da Consellería de Educación no 2001.