Volver | ||
| Adega | ||
ADEGA é a asociación de defensa ambiental máis activa e con maior implantación do noso país, cunha experiencia de traballo de máis de 25 anos. Centramos o noso traballo en Galiza sen por iso deixarmos de ter unha visión global da problemática ambiental e de exercermos na medida das nosas posibilidades a solidariedade coas loitas ambientalistas doutros pobos. A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) é unha asociación ecoloxista democrática, independente e sen ánimo de lucro que traballa en defensa do medio ambiente galego e global do que depende a nosa calidade de vida. ADEGA avoga por un modelo de desenvolvemento ecoloxicamente sustentábel e socialmente xusto, por un modelo de desenvolvemento sen destrucción ambiental que reduza as desigualdades dentro de cada país e entre países.
ADEGA entende que a diversidade biolóxica ten o seu reflexo na diversidade cultural e que ámbalas dúas deben ser preservadas. Isto supón no noso caso asumir un compromiso coa defensa da cultura e a lingua propias de Galiza. ADEGA forma parte da Federación Ecoloxista Galega (FEG) que agrupa á maioría das asociacións ecoloxistas galegas, da Oficina Europea do Ambiente (OEA), a federación constituída polas organizacións de defensa do ambiente máis importantes da Unión Europea, da Federación Transporte e Medio Ambiente Europea, da Plataforma Nunca Máis, da Coordenadora para a Defensa dos Ríos (COGADER) e da Coordenadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA).
|
- Todos os artigos escritos por Adega
- Os biocombustíbeis van disparar o prezo dos alimentos
- Patriarcado por sistema
- Alerta por ensaio de cultivos transxénicos en Galiza
- Terceira sentenza do TSXG en contra de Reganosa
- Sr. Touriño, CERO en ecoloxía, CERO en economía
- Adega premia a defensa do litoral
- DMMA 08: Por un futuro sen carbón, por unha costa sen cemento e lonas negras
- Recuperemos a Ría do Burgo

Corrubedo
E-mail
Web